Lugo, 23 de setembro, 2019. A presidenta provincial, Elena Candia, valorou “moi positivamente” a iniciativa da consellería do Medio Rural de crear aldeas modelo para facer fronte aos incendios forestais e crear actividade agrogandeira arredor dos núcleos de poboación. Foi no marco da reunión da Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde, na que se contou coa intervención do conselleiro, José González, quen explicou pormenorizadamente este proxecto aos alcaldes e voceiros, así como ao resto de asistentes e cargos orgánicos que asistiron á xuntanza.
Elena Candia considera que se trata dunha medida “acertada e que pode ter un bo resultado na nosa provincia, debido ao importante volume de masa forestal que temos e ao peso que ten o sector agrogandeiro en todo o territorio”. Nestes momentos, segundo puxo en valor o titular de Medio Rural, arredor de 30 concellos xa amosaron o seu interese en converter algún núcleo de poboación en aldeas modelo. Tanto Elena Candia como González convidaron aos municipios de Lugo a sumarse a esta iniciativa.
Unha vez aceptada a solicitude e obtida a autorización do 70% dos propietarios, a Xunta de Galicia inicia os traballos de limpeza e desbroce para a posta en produción das terras, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros, oliveiras, etc. Precisamente, José González indicou que Medio Rural compatibiliza este labor de prevención “para facer máis resilientes as aldeas fronte o lume” cos traballos de vixilancia e extinción.
O responsable do departamento autonómico lembrou que o gran marco que alberga a figura das aldeas modelo é o convenio de protección das aldeas, acordado entre a Xunta, Seaga e a Fegamp. Neste sentido, José González lembrou que o compromiso da Xunta adquirido a través deste convenio, é que todos os terreos incluídos en faixas secundarias de parroquias priorizadas estean limpos este ano. Isto significaría, explicou, que naquelas parcelas nas que os propietarios non se teñan adherido ao convenio ou cumprido coa súa obriga de limpar os seus predios, executarase a limpeza de xeito subsidiario. Polo tanto, remarcou, a Xunta vai limpar as 4.500 hectáreas comprometidas pertencentes ás faixas secundarias das 70 parroquias priorizadas de 35 concellos.
O fin último de todas estas actuacións, segundo trasladou José González, é fomentar unha axeitada ordenación do territorio, para reforzar a súa defensa fronte os incendios e, ao tempo, crear tamén nel actividade agrogandeira e darlle así valor engadido “para fixar poboación e construír así o rural do futuro”.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



