Ortigueira, 12 de marzo, 2026. O Concello de Ortigueira, en colaboración coa Universidade da Coruña e co apoio financeiro da Xunta de Galicia, anuncia a posta en marcha da sexta edición do Programa de Formación Universitaria Específica para persoas maiores de 50 anos. A iniciativa desenvolverase durante os meses de abril e maio de 2026, consolidando o compromiso municipal de achegar formación académica de alto nivel á veciñanza da vila e da súa comarca.
Inscricións abertas
A actividade é totalmente gratuíta. As persoas interesadas poderán inscribirse desde mañá, venres 13 de marzo, ata o mércores 25 de marzo.
O trámite poderá realizarse:
• En liña, a través da web oficial da UDC Sénior Ortigueira.
• De maneira presencial, no Departamento de Cultura do Concello de Ortigueira.
Lugar e horario
As sesións formativas terán lugar no Teatro da Beneficencia, dous días á semana, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Estrutura do programa
O curso está organizado en tres grandes bloques temáticos, impartidos por profesorado especializado da Universidade da Coruña, cunha oferta que abrangue desde as Humanidades ata os últimos avances científicos.
1. Humanidades e Ciencias Sociais
• 6 de abril · A realidade actual de China — Iván Nieto Cerdeiriña
• 7 de abril · O arte de vangarda — Fernando Agrasar Quiroga
• 13 de abril · Mitos da xustiza penal en España — Eva Mª Souto García e J. Antonio Ramos Vázquez
2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía
• 20 de abril · A xestión dixital da auga — Miriam Timiraos Díaz
• 21 de abril · O hidróxeno no transporte do futuro — Socorro Castro García
• 27 de abril · Cidadanía, transición ecolóxica e enerxías renovables — José Antonio Cortés Vázquez
3. Ciencias da Vida e da Saúde
• 4 de maio · Cerebro, memoria e sono — Casto Rivadulla Fernández
• 5 de maio · Evolución e extinción — Esther Fernández Fernández
• 11 de maio · Cambio climático: causas e solucións — Salvador Fojón Polanco




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



