A Mariña, 20 de setembro, 2019. Os deputados autonómico e provincial, Daniel Vega e Javier Castiñeira, respectivamente, destacan a importancia de apostar dende as administracións, pola formación e o emprego de cara a favorecer a creación e o mantemento empresarial da Mariña. Así o puxeron en valor no encontro mantido esta mañá con representantes da empresa Recesende de A Pontenova, onde tamén puideron comprobar o funcionamento da mesma e a súa capacidade industrial e empresarial no sector da metalurxia.
Esta empresa conta con 66 anos de historia e dispuxo dunha facturación neste ano de 10 millóns de euros. Na actualidade, tamén exporta a súa produción a China e está a levar a cabo un labor moi importante no que a inserción laboral se refire, pois ten empregados a 8 membros de Cogami na área de montaxe.
Daniel Vega e Javier Castiñeira salientaron así a importancia de gobernos como o da Xunta de Galicia que teñen unha “vontade decidida coa FP dual e o emprendemento”, pois isto, engadiron, “tamén contribúe a fixar poboación na nosa comarca”.
Deste xeito, os populares continuaron a rolda de contactos que están a ter pola comarca co fin de atender as peticións dos distintos axentes socioeconómicos e levar as súas propostas ás institucións onde teñen representación.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



