Burela, 20 de setembro de 2019. O luns entrará en funcionamento un novo aparcamento municipal en Burela. Está situado preto da escola infantil da avenida da Mariña. O obxectivo é ofrecer un bo servizo aos pais e ás nais dos rapaces e rapazas que acoden aos centros de ensino que hai nesa zona, segundo subliñou esta mañá o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que “a partir do luns tanto no colexio de Os Castros como na escola infantil que está situada na Avenida da Mariña, para facilitar que os pais poidan deixar aos seus fillos nestes centros, dotamos dun novo aparcadoiro municipal a esa zona: mesmo enfronte da escola infantil”.
Llano dixo: “consideramos que vai facer un bo servizo, é algo que era demandado e fíxose o antes posible. Vai ter gran capacidade, polo menos para que todos os pais de alumnos que van a eses centros e os profesores poidan aparcar. Polas súas dimensións, a facilidade de acceso e o ben que quedou eu creo que vai servir para cubrir esta demanda que había desde hai tempo”.
E engadiu: “imos abrilo a partir do luns, espero que sexa ben empregado e que sirva para gañar seguridade e axilidade para deixar aos rapaces nesas dúas escolas”.
O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, visitárono nas últimas horas.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



