Viveiro, 3 de setembro, 2019. Este mércores será o vindeiro pleno da corporación municipal de Viveiro. Este é un resumo das iniciativas que levamos da man da nosa portavoz municipal Míriam Bermúdez:
Mocións:
Moción para a gravación dos plenos en video e a súa subida á web do Concello, para que a veciñanza teñan a oportunidade de escoitar os debates e acordos que se aproban neste órgano e que lles afectan directamente, servíndose das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías sen que supoña un esforzo económico demasiado elevado para as arcas do concello.
Moción para a elaboración dunha Ordenanza de Protección Contra a Contaminación Acústica na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas do casco histórico “zona acústicamente saturada” e intervir para mellorar a calidade acústica medioambiental nas mesmas. A existente normativa municipal está totalmente desactualizada, como é a Ordenanza Municipal de Policía e Bo Goberno do ano 1996, e non permite actuar fronte aos graves problemas de convivencia.
Rogos e preguntas:
Preguntaremos si no Concello de Viveiro existe algún plan para combater a avespa velutina, entendendo que a presenza da avespa asiática non é so un problema agropecuario ou gandeiro, senón que é unha ameaza á saúde pública e ao equilibrio medioambiental, e sobretodo polos numerosos incidentes e accidentes sufridos por traballadorxs e veciñanza de Viveiro polos ataques das velutinas.
Proporemos a instalación de diferentes marquesiñas en Celeiro en diferentes puntos, un deles nos bancos sitos ao carón do colexio de Celeiro, para dar solución ás necesidades da veciñanza deste barrio e que sirvan tamén de amparo ante a choiva para as nais e pais que levan ás crianzas ao colexio, e outro punto na parada de bus situada ao carón da gasolineira de Celeiro




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



