Burela, 21 de setembro, 2019. O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme neste inicio de liga. Os tres primeiros puntos a domicilio soben á cuadrícula laranxa nesta segunda xornada nunha pista, a do Móstoles FSF (1-4), que sempre suscitou dificultade ás pupilas de Julio Delgado; con todo esta tarde chegáronlles os 11 primeiros minutos para distanciarse con catro goles.
As Guerreiras encamiñaron case desde a bucina inicial a cita, cunha primeira parte excelente, de gran dominio e precisión, ante un rival que apenas xerou ocasións. Aos 9 segundos xa Ale de Paz inaugurou o electrónico de estratexia, unha vantaxe que conseguiron ampliar Jenny Lores, no minuto 2, nun roubo de presión, Lara Balseiro, no 8, nunha gran combinación, e de novo a 17 mariñá, de novo de estratexia.
Con esa renda, tras o descanso baixaron un pouco a intensidade as galegas, fronte a un Móstoles que só puido ver portería na recta final, aproveitando unha perda en saída de balón que finalizou Inma.
Ficha técnica
Móstoles FSF: Miri, Patri Chamorro, Benete, Celia, Inma, cinco inicial; tamén xogaron Andreza, Desi Godoy, Shiori
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jane, Ale de Paz, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cilene, Bea Mateos, Jenny, Lara Balseiro, Luci, Jozi
Goles: 0-1, min. 1, Ale de Paz; 0-2, min. 2, Jenny Lores; 0-3, min. 8, Lara Balseiro; 0-4, min. 11, Ale de Paz; 1-4, min. 38, Inma
Árbitros: Jorge Moreno Durán // Carlos Panadero Díaz-Concha (Madrid). Por Burela amarela Peque e Jenny Lores
Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira RFEF disputado en Villafontana























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
