Burela, 4 de setembro de 2019. O alcalde accidental, Ramiro Fernández Rey, comunica que o BOP publica hoxe a convocatoria para proceder á contratación dun peón destinado á brigada de incendios. O rexedor lembra que xa se sacou anteriormente este proceso, aínda que non foi posible culminalo con éxito. O contrato terá unha duración de tres meses e as persoas interesadas dispoñen de cinco días hábiles para presentar a documentación correspondente.
Ramiro Fernández dixo que “no día de hoxe saíu publicada no BOP unha convocatoria para a contratación dun peón destinado á brigada de incendios que nos subvenciona a Xunta”.
O alcalde en funcións lembrou que “xa tíñamos sacado este proceso anteriormente, pero non fomos capaces de completalo con toda a xente que correspondía, porque os peóns que foron seleccionados non deron pasado as probas físicas que esixe o posto”.
Fernández Rey anima “á xente a presentarse. É un contrato temporal de tres meses, teñen cinco días hábiles para presentar as solicitudes no Rexistro do Concello e esperemos que a xente se anime a participar e poidamos completar esta brigada de incendios”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



