Ribadeo, 23 de setembro de 2019. A Concellaría de Medio Ambiente repartirá arredor de vinte contedores para uso exclusivo para os supermercados da vila e para os vendedores e vendedoras da praza de abastos, segundo ven de anunciar Jorge Díaz Freije. Este departamento tamén actuará no perímetro do Forte de San Damián.
O edil ribadense dixo que “na Concellaría de Medio Ambiente estamos a traballar en varias cuestións que queremos ir poñendo en marcha ao longo das vindeiras semanas e meses. Unha das primeiras será dotar de contedores do lixo aos supermercados da vila e aos vendedores e vendedoras da praza da abastas. Serán uns vinte recipientes para o seu uso exclusivo, que estarán perfectamente rotulados e contarán con peche. Serán eses establecementos os que se encargarán de sacalos á rúa cando rematen as súas xornadas de traballo e de recollelos ao día seguinte. Tamén correrá da súa conta a súa limpeza e o seu lavado”.
Para Jorge Díaz “deste xeito eliminaremos moitos cheiros innecesarios das rúas, sobre todo en época de calor”. O concelleiro de Medio Ambiente agarda repartir estes contedores ao longo do mes de outubro.
Outra das medidas nas que traballa o edil ribadense é na limpeza do perímetro do Forte de San Damián: “por dentro xa se limpa, así como a zona de árbores e xardín dos arredores, pero queda pendente o seu perímetro, as enredadeiras que colgan das súas paredes, etc… en principio a intención é facelo con persoal propio do Concello, pero si fose necesario recorrer a outros profesionais fariámolo”. Díaz Freije comentou que “penso que é a primeira vez que se vai actuar no perímetro do forte, algo que me parece bastante necesario”.
O concelleiro de Medio Ambiente adiantou tamén que “no meu departamento imos proceder a revisar a ordenanza municipal de medio ambiente, para adaptala aos novos tempos que vivimos. Estou convencido de que hai aspectos, de que hai puntos que se poden mellorar”.
Jorge Díaz Freije aproveitou a ocasión para “agradecer o traballo realizado polo persoal de Medio Ambiente durante todo o verán, xa que son datas nas que hai moitos eventos e moitas actividades lúdicas, que obrigan a intensificar o traballo e tamén a xornada laboral. Tamén quero dar as grazas a todo o voluntariado que estivo o pasado 14 de setembro na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Agardamos seguir contando con eles e con elas para que esta cita deportiva siga a ser un éxito ano tras ano”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



