Burela, 3 de setembro de 2019. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, fai un balance moi positivo das actividades organizadas para os máis pequenos na segunda quincena de agosto. O edil subliñou que arredor de 80 rapaces e rapazas participaron en cada unha delas, no wipe up, no fútbol 3×3, na festa da auga e no láser combat. Fernández Rey asegurou que coa resposta que tiveron en vindeiros anos desde o Concello volverán apostar por accións deste tipo.
O concelleiro burelés dixo que “dende o Concello de Burela, como concelleiro de Deportes, quero facer unha valoración moi positiva sobre as actividades que viñemos programando durante esta segunda quincena do mes de agosto, sobre todo dirixidas a nenos e nenas”.
Ramiro Fernández salientou que “tiveron unha aceptación enorme, estamos falando de que cada actividade contou cunha media de 80 rapaces que participaron nas mesmas. Tivemos a actividade de wipe up, o 3×3 de fútbol, a festa da auga, que era para conmemorar o final das escolas deportivas de verán, e este último fin de semana que fixemos o láser combat. A valoración é moi positiva. Tivemos moitísima participación, os nenos quedaron contentos e os papás tamén”.
O edil de Deportes manifestou que “é unha actividade que impulsamos este ano para complementar un pouco todas as actividades que tíñamos dentro de Turismo e Deportes neste verán aquí en Burela. Como digo a experiencia foi positiva e penso que seguramente para os próximos anos seguiremos con este tipo de actividades para darlles aos nenos esa alternativa á praia e a outras cousas”.
Fernández Rey quixo “agradecer a colaboración de Activity Center-IG10 que estiveron colaborando con nosoutros e intentaremos nos próximos veráns siga habendo este tipo de actividades impulsadas desde o Concello de Burela”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



