Ribadeo, 23 de setembro de 2019. Este martes, 24 de setembro, desenvolvérase pleno ordinario do Concello de Ribadeo e un dos puntos que figura é o sometemento a aprobación do III Plan de Igualdade de entre mulleres e homes do Concello de Ribadeo.
Desde a Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres son moitas as iniciativas que se desenvolveron ao longo da vixencia dos anteriores Plans de Igualdade, “máis pese aos avances acadados nos últimos tempos en materia de igualdade aínda son moitas as cousas pendentes para alcanzar esa igualdade real entre mulleres e homes. Esta circunstancia é a consecuencia de termos comezado un traballo de deseño, elaboración e redacción do a que levou ao III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes que se rematou en maio, onde se fixo unha presentación pública do mesmo. É un plan de traballo plurianual que vai do 2019 ata o 2022 marcando as prioridades e as liñas de acción nos diferentes eidos para seguir implementando as políticas de igualdade no Concello e dar pasos cara un Ribadeo en igualdade”.
O III Plan de igualdade (PIOMH ) ten como finalidade ou obxectivos xerais:
-Lograr un mapa de necesidades e prioridades en materia de igualdade de xénero no concello de Ribadeo para o futuro inmediato.
-Deseñar unha ruta de acción en materia de igualdade entre mulleres e homes a nivel municipal para o período 2019 – 2022.
-Articular mecanismos que logren un seguimento e avaliación continua das accións planificadas.
-Traballouse tendo en conta as necesidades municipais e utilizando técnicas de investigación cuantitativas e cualitativas e contando cos axentes chave da comunidade local.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM explican que o traballo de elaboración do Plan desenvolveuse en varias fases metodolóxicas:
FASE I: ESTUDO DOS DATOS DO MUNICIPIO
• Análise cuantitativa:
-Revisión e estudo das fontes de información oficiais e das áreas técnicas que teñan datos estatísticos de Ribadeo.
-Análise cuantitativa: Enquisa online á totalidade de persoal técnico do Concello de Ribadeo. Responderon a esta enquisa un total de 65 empregadxs deste Concello.
FASE II: CREACIÓN DE ESPAZOS DE PARTICIPACIÓN
• Análise cualitativa:
-Convocatoria, deseño de metodoloxía e xestión de mesas de traballo. Neste sentido convocaronse as seguintes Mesas de Traballo:
Co persoal técnico e político: o 01/03/ 2019 ás 13.00 horas e o 03/04/2019 ás 13.00 horas
Con representantes do Consello Municipal das Mulleres: o 28/02/2019 ás 19.00 horas e o 03/04/2019 ás 19.00 horas.
Despois procedeuse á III FASE de REDACCIÓN e finalmente o 2 de maio ás oito da tarde foi presentado o resultado final nun acto aberto ao que se convidaron a todas as persoas vogais do Consello Municipal das Mulleres e máis ao persoal técnico e político do Concello. Xunto co III PHOMH presentouse a diagnose da situación que se desenvolveu con anterioridade á redacción do Plan e que permitiu analizar e detectar as fortalezas e debilidades por sectores no Concello.
O III PHOMH consta de 6 eixos de traballo e conta cun total de 50 accións a desenvolver entre o ano 2019 e o 2022:
-Educación en igualdade
-Vida libre de violencia
-Apoderamento e participación social
-Organización social corresponsable e mercado laboral
-Saúde, deportes e calidade de vida
-Transversalidade de xénero na administración
Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM subliñan que “a premisa básica que nos moveu e sigue a mover é: un Ribadeo sen violencia e en igualdade, é a nosa meta a alcanzar”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



