Ribadeo, 4 de setembro de 2019. Os alcaldes de Ribadeo e de Trabada veñen de enviarlle un segundo escrito ao presidente da Xunta no que lle solicitan unha xuntanza para abordar a problemática existente co abastecemento de auga para o consumo humano nestes dous municipios. Suárez Barcia subliña nese documento que a Xunta elaborou hai oito anos un proxecto global para substituír a tubaxe que ven desde Vilarbetote, en Trabada, e que suporía un investimento de máis de 5´5 millóns de euros. Tamén hai seis anos chegou a facer unha separata para unha primeira fase, onde se construiría un depósito de auga por 1´5 millóns de euros. O alcalde manifesta que nunca se soubo nada máis destes dous proxectos. Os rexedores de Trabada e de Ribadeo reitéranlle a Aberto Núñez Feijoo “a necesidade de xuntarnos canto antes, á maior brevidade posible, co fin de garantir a subministración de auga desde o río Eo”.
Fernando Suárez manifesta que “tanto por parte do Concello de Trabada como por parte de Ribadeo é o segundo escrito que lle enviamos ao presidente da Xunta de Galicia tendo en conta que poucos días despois das eleccións, aínda estando en funcións nos dous Concellos, enviámoslle unha petición formal porque queríamos cordialmente falar co presidente da Xunta, para resolver dunha vez por todas esta problemática que temos Trabada e sobre todo Ribadeo, porque a condución principal de auga para estes dous concellos depende dunha captación que está no río Eo, no lugar de Vilarbetote, en Trabada. Desde alí, durante vinte quilómetros ven por unha condución de fibrocemento dos anos setenta, que está moi desgastada, que rompe cada pouco, e o día menos pensado, como temos advertido moitas veces por escrito aos responsables da Xunta, a poboación de Ribadeo pode quedar facilmente sen auga. É un dereito e un recurso básico para a poboación, co cal iso non se pode permitir”.
O rexedor ribadense di: “sabemos, desde hai anos da nosa insistencia, que Augas de Galicia que depende da Xunta redactou varios proxectos integrais, un hai oito anos, outro parcial hai uns seis anos para un novo depósito e incluso un pequeno parche hai un par de anos por mor daqueles vertidos de lixiviados ao río Grande, que é a outra captación que temos, pero ningún destes proxectos se levaron a cabo, non sei se por unha cuestión absolutamente de sectarismo político ou porque realmente non teñen fondos. Pero aínda que somos conscientes os dous Concellos de que a competencia en subministro de auga potable é municipal tamén somos conscientes da legalidade que di que a comunidade autónoma ten que axudar a financiar estes proxectos e máis aínda cando son supramunicipais, cando afectan a máis dun concello”.
O alcalde de Ribadeo subliña que “lle vimos de reiterar ao presidente da Xunta que nos reciba porque non podemos ter como testemuñas mudas aos usuarios e veciños de Ribadeo e de Trabada nesta situación co corazón nun puño, de que o día menos pensado unha rotura da tubaxe principal nos deixe sen servizo e quede desabastecida toda a poboación. Concretamente este domingo pasado tivemos unha rotura na traída xeral e non quedamos sen servizo de subministro de auga por moi pouco, grazas á celeridade con que se localizou e se reparou impediu que o depósito principal de Ribadeo se baleirara de todo, pero quedamos a piques de que iso acontecese”.
Fernando Suárez engade que “tal e como lle dicimos ao presidente da Xunta, quedan catro anos por diante nos Concellos, queremos ter un diálogo sincero e cordial, pero non queremos que se nos aplique o que entendemos que nestes últimos anos se nos estivo aplicando que é sectarismo por un tubo, e queremos que se comprometan porque os veciños de Ribadeo son tan importantes como calquera outro veciño do país por aí adiante”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



