As Pontes, 14 de outubro, 2019. Este pasado domingo concluíu no concello coruñés das Pontes a 20ª edición das Xornadas Apícolas do Eume, un recoñecido evento que finalizou coa tradicional entrega de premios da Cata de Meles. Nesta ocasión Loli Lage Rodríguez alzouse cos primeiros premios en ambas as dúas categorías do concurso, mentres que César Castro Piñón colleitou o segundo premio na de mel escuro. Lage convértese así nunha das produtoras máis laureadas da historia deste certame, con oito galardóns acumulados en cinco anos de participación.
Na Casa do Mel de Goente o panel de catadores someteu as mostras participantes aos seus sentidos atendendo a unha análise visual, aromática, de sabor e sensación na boca coa finalidade de escoller as mellores. Desta volta houbo un total de trinta e dous participantes na categoría de meles claros e outros doce que competiron na de meles escuros.
Loli Lage gañou no concurso dos meles claros cun néctar monofloral de eucalipto recollido na parroquia viveirense de Galdo, e na de escuros cun monofloral de breixo apañado en Muras. Deste tipo de mel escuro, o de breixo, vénse facendo unha grande promoción na Feira do Mel de Montaña que se organiza dende hai catro anos no Viveiró polo Concello de Muras para dar a coñecer o excepcional produto das vinte e cinco explotacións apícolas do municipio.
A produción da gañadora é comercializada baixo o selo O Castelo, co que xa no 2015 logrou o segundo premio ao mellor mel claro e mais unha mención especial polo seu mel escuro de breixo. Ao ano seguinte, no 2016, conseguiu ser a gañadora tanto na categoría de mel claro como na de mel escuro, sendo esta a primeira vez que un mesmo apicultor acumulaba os dous máximos galardóns. No 2017 volveu ser finalista no concurso de meles claros e o pasado 2018 obtivo unha meritoria segunda posición no de meles escuros.
Esta é a segunda vez que Mel O Castelo acapara o primeiro premio nas dúas categorías, un logro do que unicamente pode presumir Loli Lage tras doce edicións desta prestixiosa cata que promove a Casa do Mel de Goente dentro das Xornadas Apícolas do Eume.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



