A Mariña, 26 de outubro de 2019. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza o vindeiro martes, 29 de outubro, un Fam-Trip á Ruta da Faba ao que asistirán distintos operadores turísticos da Mariña e do resto de Galicia. O obxectivo desta acción, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, é impulsar e espallar ao resto do territorio que acolle a indicación xeográfica protexida (IXP) este produto turístico con identidade propia e que ofrece ao visitante unha experiencia diferenciada.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explica que “aínda que o nome a relaciona, e con razón, ao concello laurentino a indicación xeográfica protexida (IXP) acolle actualmente a produción de Faba de Lourenzá en 15 concellos da Mariña Lucense. Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as leguminosas producidas na Mariña Lucense presentan unha calidade excepcional contrastada”.
Hermida conta que “ao Fam-Trip asistirán distintos operadores turísticos do propio xeodestino, pero tamén do resto de Galicia. Coñecerán esta iniciativa en primeira persoa guías oficiais, responsables das principais oficinas de turismo da Mariña e axencias de viaxes procedentes de Lugo, Vigo, Pontevedra e Santiago. Así mesmo, están convidados os aloxamentos adheridos ao proxecto que, tamén baixo o convenio asinado coa Xunta, apoia a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense en colaboración coa de Ferrolterra Rías Altas. A Ruta da Faba é unha ruta que transcorre ao longo dunha xornada enteira por Lourenzá, un produto que se axusta a esta filosofía slow ao fuxir das présas, das masificacións e que busca, sobre todo, que o viaxeiro coñeza e se empape da cultura local”.
Durante a xornada os operadores turísticos farán visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá coma o Mosteiro e Igrexa de San Salvador, o Museo de Arte Sacro e o Pazo de Tovar. Haberá degustacións gastronómicas onde a Faba de Lourenzá, a faba verdina e os produtos da Mariña Lucense serán os protagonistas e ademais poderán adentrarse no mundo do proceso de cultivo desta leguminosa, visitando o Centro de Interpretación da Faba, a Cooperativa Terras da Mariña e, se a meteoroloxía o permite, visitar unha plantación e interactuar cos produtores.
Os encargados de darlles á benvida ao Fam-Trip serán o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e Paloma Vázquez, xefa de Área Provincial de Turismo en Lugo.
Tania Hermida manifesta que “este tipo de experiencias relativas a produtos e procesos de elaboración, onde ademais se mestura o turismo industrial e agroalimentario xunto co turismo cultural e gastronómico supón non só un escaparate para as empresas ou produtos se non para o territorio que as acolle. Ademais, son experiencias que solen atraer a atención dun viaxeiro que realiza un gasto medio mais elevado que o turista cultural tradicional”.
A mellor época para realizar a Ruta da Faba atópase entre maio e novembro, meses propicios para o cultivo da leguminosa. Este feito fai que esta iniciativa contribúa, ademais de á diversificación da oferta do xeodestino, á posta en valor do patrimonio cultural, natural e gastronómico, e á desestacionalización.
Este Fam-Trip é dunha acción que impulsa a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración dos axentes artífices deste produto durante os obradoiros de deseño de rutas experiencias promovidos polo GDR – Terras de Miranda: a Cooperativa Terras da Mariña, o Pazo de Tovar, o restaurante O Forno de Tovar e o Concello de Lourenzá. Ademais da axencia de receptivo Mariña Activa, comercializadora a día de hoxe da Ruta da Faba.
O vindeiro sábado, 2 de novembro, con motivo da ponte de Todos os Santos, Mariña Activa programa unha saída á Ruta da Faba para o público xeral. O horario aproximado da xornada é de 10:30 a 18:00 horas e o prezo de 55€ adultos e 30€ nenos (inclúe comida, entradas, guía, transporte e seguro). Para mais información e reservas hai que contactar no 683 401 865 ou en info@mariñactiva.com.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



