Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019. A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 20.487,30 metros cadrados de solo empresarial nos parques empresariais de Ponte Caldelas, Carballo e Viveiro, con bonificacións por importe de preto de 257.057 euros. Así o acordou na súa última reunión o Consello de Administración de Xestur Galicia, empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A meirande parte do solo adxudicado corresponde ao parque empresarial da Reigosa, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, onde se adxudicou unha parcela de 15.000 metros cadrados. En Carballo (A Coruña) e en Viveiro (Lugo) tamén se aprobou a adxudicación dunha parcela en cada caso, con superficies de 4.274 e 1.213 metros cadrados, respectivamente.
Grazas ás rebaixas sobre o prezo de venda do solo empresarial que vén aplicando a Xunta desde 2015, a día de hoxe adxudicáronse xa en réxime de compravenda ou en dereito de superficie máis de dous millóns de metros cadrados nos parques promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a empresa pública Xestur.
As bonificacións realizadas durante este período aproxímanse aos 48 millóns de euros, mentres que o valor das parcelas adxudicadas en dereito de superficie supera os 13,6 millóns de euros. Deste xeito, a aposta da Xunta de Galicia por incentivar a actividade das empresas galegas pola vía do estímulo á adquisición de solo traduciuse en preto de 62 millóns de euros desde o ano 2015.
O investimento estimado que realizarán as empresas adxudicatarias de solo bonificado ou en dereito de superficie ascende a máis de 375 millóns de euros e grazas a el calcúlase que se posibilitará a creación de máis de 6.100 postos de traballo.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



