Lugo, 16 de outubro de 2019. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou na inauguración da xornada sobre as implicacións para as empresas galegas da saída do Reino Unido da Unión Europea. A xornada, que tivo lugar esta mañá na sede da Confederación de Empresarios de Lugo, foi organizada pola Secretaría de Estado de Comercio, dependente do ministerio de Industria, Comercio e Turismo, en colaboración coa CEL.
Isabel Rodríguez animou ás empresas lucenses a deseñar plans de continxencia que lles permitan facer fronte aos efectos negativos que pode ter no empresariado galego a saída do Reino Unido da Unión Europea.
A subdelegada destacou que un eventual Brexit sen acordo tería un importante impacto na economía galega, pois o Reino Unido constitúe un dos principais socios comerciais de Galicia dado que é o 4º destino das nosas exportacións, con un total de 502 empresas galegas que actualmente exportan os seus produtos a ese país e a facturación total das súas ventas ao Reino Unido o ano pasado superou os 1.600 millónes de euros.
Rodríguez considera que o Reino Unido “debe seguir sendo un socio estratéxico de Galicia” e, para iso, é preciso “adecuarse a este novo marco de negocios que se presenta”. Por este motivo, indicou que “tanto as administracións como as empresas debemos estar preparadas e adiantarnos aos acontecementos mediante a elaboración de plans de continxencia que poidan constituír unha oportunidade diante desta nova situación”.
“Isto supón que as empresas deben calcular as dificultades e custos que lles ocasionaría a saída do Reino Unido da UE e, con iso, elaborar a súa propia estratexia comercial. Estar preparados para a nova situación é fundamental para permitirnos operar con vantaxe fronte aos noses competidores”, sinalou a subdelegada.
Tocante ao papel da Administración española, explicou que, durante este ano, desenvolveu o seu propio Plan de Continxencia fronte á posibilidade da existencia de Brexit sen acordo, baseado en 3 ámbitos principais:
1. Medidas Lexislativas: Mediante a aprobación dun Real Decreto de medidas urxentes fronte ao Brexit para diferentes sectores: servizos financeiros, mobilidade de traballadores, transporte aéreo, aduanas, política climática, etc. O cal inclúe, entre outras cuestións, un incremento na dotación de medios técnicos e humanos.
2. Información e asesoramento ao mundo empresarial: A través da Secretaria de Estado de Comercio, que dispón na súa web de toda a información necesaria para coñecer os efectos do Brexit, así como as últimas novidades e documentos.
3. Apoio ás empresas, ben en forma de apoio económico, como o Programa do “Cheque Brexit” que desenvolveu o ICEX, como con axudas a asociacións sectoriais de empresas para que reforcen o seu traballo de información e apoio ás empresas.
Neste sentido, a Delegación de Goberno de Galicia, a través da dirección territorial de Comercio e ICEX en Galicia creou o “GRUPO DE TRABALLO BREXIT-GALICIA”, que reúne ás principais asociacións sectoriais de Galicia, así como ás Autoridades Portuarias e expertos universitarios, e a COMISIÓN ESPECIAL DE PESCA, que reúne a todos os afectados do sector pesqueiro galego.
EMPRESAS LUCENSES
Pola súa parte, o director territorial de Comercio e ICEX en Galicia, Sergio Prieto, explicou que na provincia de Lugo son case medio cento as empresas que exportan ao Reino Unido con un volume de negocio desas exportacións que o ano pasado foi de 36 millóns de euros mentres que son 86 as empresas lucenses que importan produtos dese parís con un volume de negocio duns 60 millóns de euros.
CAMPAÑA DIVULGATIVA
A xornada sobre o Brexit destinada ao empresariado lucense foi clausurada polo conselleiro delegado da CEL, Eduardo Valín, e forma parte dunha campaña divulgativa que está a levar a cabo a Secretaría de Estado de Comercio, a través da súa Delegación de Comercio e ICEX en Galicia, xunto coas Cámaras de Comercio e as Confederacións de Empresarios.
Durante a sesións informativa as empresas lucenses recibiron orientacións en función do seu sector e a súa relación co Reino Unido. Abordáronse os efectos que terá un eventual Brexit no comercio de bens, servizos, inversión e contratación pública.
Ademais de en Lugo, nos últimos días celebráronse xornadas similares en Vigo, A Coruña e Ourense e mañá hai outra programada en Ferrol. Esta nova rolda de xornadas, únese ás cinco xa realizadas con anterioridade en Galicia entre os meses de decembro de 2018 e xuño de 2019, e ás que acudiron máis de 150 empresas. A nivel nacional vanse celebrar 40 xornadas, que se engadirán ás 60 xa organizadas por todo o país coa asistencia de máis de 2.500 empresas e asociación.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



