Burela, 21 de outubro de 2019.- O presidente dos populares bureleses, Manuel Rouco, asegura que “o Concello de Burela está manga por ombro. No equipo de goberno, e por extensión na Casa Consistorial, reina o descontrol, xa que Alfredo Llano, o actual alcalde en funcións, ten perdido completamente o rumbo”, afirma.
Rouco fai esta aseveración logo de ver como “téndose celebrado un pleno extraordinario este pasado mércores, día 16, o socialista convoca o venres 18 outro coa súa conseguinte comisión informativa, para este mércores, co único obxectivo de fixar os días festivos con carácter local para 2020, o que nos parece un absoluto sen sentido”.
O popular, que explica que a fixación dos días de festa local se ten producido, outros anos, en plenos celebrados no mes de setembro, considera que “ademais do descontrol que isto reflexa, supón un gasto engadido para o Concello que o alcalde actual ven puido evitar: entre a comisión informativa e o pleno, só en asistencias se podían aforrar mil euros se este asunto se levara ao pleno celebrado o pasado mércores día 16”.
O presidente os populares de Burela considera que “Llano só está para fotos e festas. Un alcalde sen rumbo, un equipo de goberno desnortado, e un Concello fóra de control, con tres dos catro postos de traballo de carácter técnico fundamentais sen cubrir ou cubertos en precario, o que provoca retraso na tramitación dos expedientes e ausencia de coordinación. Ao final, os damnificados son os veciños e as veciñas de Burela”, conclúe.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



