Burela, 19 de Outubro de 2019. O Bloque Nacionalista Galego concurriu en Burela nas eleccións locais de Maio cunha candidatura sería, traballadora e alternativa de cambio para a vila. E encara a repetición eleitoral do 17 de Novembro do mesmo xeito. “Todos e cada un dos membros da candidatura do BNG presentamos o noso compromiso firme de defender os intereses da veciñanza de Burela e imos manter ese compromiso” sinalou o voceiro do BNG Mario Pillado.
Dende a formación frontista recordan que a pesar do que di a sentenza, vaise producir unha repetición electoral sen que a administración do estado asegure as mesmas condicións para tódolos eleitores o que nos parece que incumple a propia sentenza e a lei eleitoral. “Dende as administracións públicas foron incapaces de asegurar o cumplimento da sentenza e da lei, pero no BNG seguimos adiante, mantemos a nosa convicción na defensa da veciñanza e do seu interese común. Superaremos tódolos obstáculos que veñan para así aseguralo cambio real en Burela” indicou Mario Pillado.
Para rematar os nacionalistas insisten en que agardan que se respeten as normas do xogo democrático, ” insistimos moito nesta idea porque cremos que é fundamental, despois de todo o acontecido en Burela tralas eleccións e tal e como se está a desenvolver a actualidade do Estado, que dende Burela demos un exemplo de democracia, que tódalas organizacións políticas a respetemos antes, durante e despois do 17 de Novembro” finalizou Pillado.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



