Lugo, 15 de outubro de 2019.- A Secretaría de Estado de Comercio, que depende do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, organizará mañá, mércores, día 16 de outubro, unha xornada para empresas de Lugo sobre o Brexit. O encontro, ao que poderán asistir todos os empresarios que estean interesados, terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Lugo.
Esta xornada forma parte dunha campaña divulgativa que está a levar a cabo a Secretaría de Estado de Comercio, a través da súa Delegación de Comercio e ICEX en Galicia, xunto coas Cámaras de Comercio e as Confederacións de Empresarios.
A xornada será inaugurada pola subdelegada do Goberno en Galicia, Isabel Rodríguez, e o encargado de clausurala será o conselleiro delegado da CEL, Eduardo Valín.
Durante estas sesións as empresas recibirán orientacións en función do seu sector e a súa relación co Reino Unido. Abordaranse os efectos que terá o Brexit no comercio de bens, servizos, inversión e contratación pública. Para iso, contarase con ponencias de responsables públicos e expertos en aduanas, comercio exterior e fiscalidade.
Esta nova rolda de xornadas, únese ás cinco xa realizadas con anterioridade en Galicia entre os meses de decembro de 2018 e xuño de 2019, e ás que acudiron máis de 150 empresas. A nivel nacional vanse celebrar 40 xornadas, que se engadirán ás 60 xa organizadas por todo o país coa asistencia de máis de 2.500 empresas e asociación.
As empresas interesaradas pódense inscribir gratuitamente a través do enlace www.icex.es























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



