Lugo, 15 de outubro, 2019. O Partido Popular manifesta o seu apoio rotundo ás demandas dos transportistas e dos traballadores de Endesa, co fin de que o Goberno Central rectifique a súa postura e garanta a actividade industrial da fábrica e os traballos directos e indirectos que sostén. A voceira do PP na Deputación, Elena Candia, e o seu homólogo en Vilalba e deputado provincial, Agustín Baamonde, adiantaron que esta formación, a diferenza da Deputación, non se puxo de perfil respecto deste asunto; de aí a solicitude do Pleno Extraordinario celebrado hoxe. Ademais, tal e como anunciaron, o propio Baamonde acompañará aos transportistas na concentración que está prevista diante do ministerio.
E é que, apuntou Candia, “estamos nunha situación extraordinaria e quizais no peor momento dos últimos anos”. Tal é así que a popular considera “que temos que falar alto e claro e non todos os grupos políticos temos a mesma responsabilidade. Están tocadas estruturas industriais que xeran moito emprego, polo que temos a obriga de pedir que non se xogue desta forma coa familias que viven desta fábrica, da que moitas son da Terra Chá”, manifestou.
A demanda dos populares resposta á petición realizada en días pasados polos propios afectados nunha xuntanza mantida en Vilalba. Concretamente, ao seu xuízo, o Goberno, dirixido nestes momentos polo Partido Socialista, “está poñendo en serio perigo moitos empregos nesta comarca e tamén na Mariña coa situación de Alcoa”.
Agustín Baamonde engadiu que é moita a xente da zona que traballa nas Pontes. “Os transportistas do carbón teñen unha relación de interdependencia económica coa Terra Chá, polo que o peche de Endesa sería unha catástrofe”. Por este motivo, explicou que non foi posible a declaración institucional. “Presentamos a iniciativa pola desidia do goberno da Deputación e mentras os acaldes se manifestaban, a Deputación púxose de perfil. Unha declación non pode sustituir un debate político en ningún caso, o que non quita de que poida haber acordo no Pleno dos grupos”, indicou.
Elena Candia, en alusión aos afectados de Endesa e de Alcoa, deixou claro que “este Partido está do seu lado”, adiantando que, ao igual que participaron na concentración de Xove, estarán tamén mañá en Cervo. “É un mecanismo para facernos oír en Madrid. Temos que facelos rectificar, xa que o prexuízo pode ser moi grande”, concluíu.























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.



