Ribadeo, 07 de outubro, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular insiste en que foi este Partido o primeiro que “falou” do abastecemento de auga a Ribadeo. Tal é así que, o voceiro Daniel Vega, pon en valor a importancia de que “por fin algúns se dean conta da importancia deste asunto que foi liderado polo PP dende o minuto un”. “E fixémolo, indica, logo de escoitar aos veciños”.
A este respecto, dende este Grupo remarcan que é necesaria unha colaboración institucional para a dotación deste servizo; colaboración que, salienta Vega, “sempre defendemos, pois os beneficiarios deste servizo non somos os partidos, son os veciños de Ribadeo”.
O acordo da consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Concello e co cofinanciamento da Deputación e da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, supón, segundo apunta Vega, que “por fin rematen doce anos de parálise na que estaba sumida o noso concello. Parece que Fernando Suárez empeza a acertar cando escoita ao PP”, sentencia.
Na xuntanza na que se anunciou dito acordó, a conselleira trasladou a súa vontade de cooperar cos municipios para que poidan garantir o abastecemento de auga á poboación, de acordo coas súas competencias. Con ese fin, Augas de Galicia procederá de forma inmediata a tramitar a revisión e proxecto de renovación integral das tubaxes da rede de abastecemento de Ribadeo. Ese documento técnico, redactado no ano 2011, debe de ser revisado e supervisado antes da súa aprobación.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



