Lugo, 25 de Outubro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé, defendeu a necesidade dunha Autoridade Portuaria propia para Lugo e anunciou que o Grupo Socialista levará ao Pleno ordinario do vindeiro martes, 29 de outubro, unha moción que reclama ao Goberno central, no momento no que teña as competencias plenas despois das eleccións, a creación para o porto de San Cibrao dun organismo de xestión independente.
Así llo trasladou o Presidente ao secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e ao presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, cos que mantivo unha reunión este venres co fin de unir esforzos na necesidade de dotar ao porto de San Cibrao de Autoridade Portuaria propia. Esta reclamación evidencia que, ao contrario que outros representantes institucionais, “nós poñemos os intereses da provincia por riba de calquera interese partidista”, subliñou Tomé.
O mandatario provincial sostivo que Lugo é a única provincia marítima do Estado cun porto de interese xeral que non ten autoridade propia e que “é o momento de retomar esta demanda e rematar así cunha anomalía do sistema portuario español”. O Presidente lembrou tamén que hai 17 anos que Lugo foi declarada provincia marítima, a condición imprescindible para poder crear unha Autoridade Portuaria propia, logo dunha reclamación expresada xa polo Partido Socialista no 2002.
Segundo recalcou José Tomé, a infraestrutura “non está xestionada a día de hoxe en clave territorial, o que melloraría a súa implicación co entorno e permitiría estudar novas posibilidades económicas”.
Pola súa banda, o secretario xeral da CEL, Jaime López, puxo en valor “a valentía e o compromiso do Presidente da Deputación de Lugo para levar adiante esta moción, que é o recoñecemento e o apoio claro a esta iniciativa que é histórica e da que depende o futuro de Lugo”. O presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, valorou a actitude de Tomé por antepoñer os intereses da provincia ás cores políticas, “vamos a loitar con todo tipo de accións, como fixemos sempre, para sacar adiante esta iniciativa”.
Consciente dos efectos da globalización na economía, Tomé apuntou que “precisamente porque hai cada vez máis factores que escapan ao noso control, non podemos renunciar a xestionar con criterio propio aqueles activos económicos que si son nosos, como o porto de San Cibrao”. O Presidente apelou á lealdade institucional e recalcou que “este non é un reproche cara a xestión da actual autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao”. Abriu a porta a colaboracións futuras, pero remachou que Lugo quere facelo “en pé de igualdade co resto de portos de interese xeral do Estado, non desde esta sorte de minoría de idade tutelada que temos”. A infraestrutura responde as características dun porto de interese xeral polas súas actividades marítimas internacionais e o volume do seu tráfico.
Tomé tamén se lembrou de Alcoa e deixou claro que “esta reclamación non afecta en absoluto ao uso prioritario do porto por parte da empresa”. A actual concesión á empresa de aluminio vence no ano 2023 e o dirixente apelou a que dende as administracións do Estado e da Xunta se leven adiante medidas para garantir a permanencia da firma en Cervo durante moitos anos. Iso si, desexou que a renegociación da concesión se leve a cabo “dende unha autoridade portuaria independente, que planifique o futuro pensando no mellor para Lugo”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



