Lugo, 19 de novembro de 2019. A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou este ano 2,5 millóns de euros aos traballadores autónomos de Lugo para impulsar ou consolidar 825 postos de traballo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, realizou un balance dos programas de emprego especificamente dirixidos a este colectivo, e subliñou que practicamente o 59% das axudas foron destinadas a incentivar nos últimos meses 384 novas altas de traballadores, no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia. Suman un importe global concedido de 1.498.000 euros.
O 38% das achegas foron para accións de mellora da competitividade por parte de 421 autónomos que xa estaban en activo. As axudas para o chamado “Bono autónomo” suman 961.400 euros na provincia, e están destinadas a accións de mellora da empresa, como a elaboración de plans estratéxicos de negocio, de comunicación e de márketing, reforma de instalacións, compra de maquinaria e equipamento en xeral, entre outros.
Por último, algo máis dun 3% dos apoios foron para 18 autónomos lucenses por realizar contratacións indefinidas na súa empresa. Asinaron en total 20 contratos e as achegas globais ascenden a 85.800 euros.
Balseiro sinalou que a axuda mínima contemplada nestas convocatorias é de 2.000 euros e a máxima de 15.750 euros. Existen incentivos que incrementan as contías base de cada programa, como que os beneficiarios sexan mulleres, persoas desempregadas de longa duración, con discapacidade, en risco de exclusión social ou emigrantes retornados, entre outros colectivos.
Datos por comarcas
Polo que respecta á distribución por comarcas, máis da terceira parte das achegas (o 35,5%) concéntrase na comarca de Lugo, con 901.400 euros para 320 traballadores. En concreto, o concello da capital suma 279 axudas e 777.500 euros.
A Mariña asume o 18,5%, con 145 traballadores beneficiados e 468.400 euros. As comarcas do sur de Lugo (Quiroga, Terra de Lemos e Chantada) suman o 14,4%, con 95 traballadores e 366.200 euros en apoios. A Terra Chá rexistra o 13%, con 328.600 euros para 110 traballadores. Sarria recibe o 11,1%: 282.500 euros para 91 traballadores; e o 7,5% restante, 197.800 euros, son para 64 traballadores distribuídos noutros concellos da provincia.
Balseiro explicou que estes programas de axudas “chegan practicamente a todos os concellos, e resulta especialmente valioso que se prime a ubicación no rural. Queremos impulsar o emprendemento, especialmente no rural, e tamén axudar a consolidar os proxectos das persoas autónomas xa establecidas”.
Ao respecto, lembrou que o tecido empresarial da nosa provincia está composto, na súa maioría, “por microempresas e, principalmente, por persoas traballadoras autónomas, que son as principais protagonistas na creación de emprego”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



