Ribadeo, 19 de novembro, 2019. A ANPA A Faxarda comezou este luns a semana de formación en materia afectivo-sexual para todos os cursos de infantil e primaria da man de dous actividades: Abeirar e Coñécete e que pretenden complementar a formación curricular do alumnado.
Abeirar son os obradoiros que imparten a psicóloga se sexóloga Martina González e a educadora social e sexóloga Sabela Maceira. Consistirán en accións para nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria. Pola súa banda Coñécete estará desenvolvido por Raquel Graña, psicóloga e sexóloga e terá como público ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Estes obradoiros complementaranse con sesións informativas para nais, pais e profesorado para que aborden dúbidas, medos e calquera cuestión sobre a temática e como afrontar estes asuntos de cara a futuro. O primeiro destes encontros foi o pasado xoves 14 e os próximos serán os venres 22 e 29 de novembro.
A educación afectivo sexual nestas idades está centrada para comprender mellor os corpos, entendendo que son entidades que conteñen diferencias sexuais (xenitais, hormonas…), e como eses corpos con tempos e emocións cambiantes, poden influír coas persoas que constitúen o contorno.
Estas xornadas únense as que se fixeron entre os días 13 e 15 de novembro para nenas e nenos de 6º de primaria en materia de igualdade, empoderamento feminino e novas masculinidades.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



