Lugo, 3 de novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pide unir o voto no Partido Popular para que o próximo non sexa un novo incumprimento do PSOE, senón un Goberno que cumpre con Galicia.
Durante un mitin en Lugo, o líder dos populares galegos incidiu en que, do mesmo xeito que España precisa dun goberno como o da Xunta, que goberna e toma decisións -o contrario do que fai o PSOE no Goberno central-; Galicia necesita dun Executivo de España que a respecte e a teña en consideración.
O líder do PPdeG referiuse, tamén, aos orzamentos de Pedro Sánchez, que baixaban un 30% os investimentos na nosa Comunidade, fronte a outras nos que o subía un 60%; á situación de Alcoa, para a que o Goberno central aínda non presentou ningunha proposta; á falta de alternativas ante o posible peche da central térmica das Pontes; á negativa a entregar a totalidade dos 700 millóns de euros e, tamén, aos incumprimentos co AVE galego.
ESPAÑA NECESITA UNHA REACCIÓN
Para o presidente do PPdeG, España necesita que haxa reacción desde o Goberno de España, tanto no social, ante os que ameazan a convivencia, como no económico, ante as ameazas da crise. Do mesmo xeito sinalou que precisa recuperar a centralidade política, isto é, substituír as trincheiras partidistas polos acordos e o sectarismo por un goberno para todos. Neste punto, o presidente dos populares galegos salientou que só votando ao Partido Popular é posible estabilidade, xestión, rigor, experiencia e resultados.
UNIR O VOTO PARA POÑER FIN Á INACCIÓN
Feijóo avogou porque os españois transformen o cansazo, a fartura e a decepción en ganas de cambio nas urnas votando por todo o que os une e para que as cousas muden, xa que “España non pode nin debe permitirse esta situación”. Así, apuntou que se os galegos unen o seu voto no Partido Popular o próximo 10 de novembro poñeráselle solución á inestabilidade política, á inacción ante a desaceleración, a unha campaña electoral permanente desde a Moncloa, aos reiterados incumprimentos con Galicia e á falta de solucións aos problemas xerados á nosa industria.
O líder do PPdeG advertiu de que coa división do voto, tal e como aconteceu nas últimas Eleccións Xerais, todos os españois perden. Por iso, avogou por unir as forzas para que España volva ter un Goberno que goberne e xestione, que se deba só aos españois e comprometido con Galicia; porque do contrario, volverá gañar o PSOE e todo seguirá na inacción: “O único cambio posible fronte ao goberno socialista é votar ao PP”, indicou Feijóo, quen explicou que, si se rompe a papeleta do PP entre Vox e Ciudadanos, só os socialistas, populistas e nacionalistas chegarán a formar goberno.
Segundo o líder do PPdeG, o PSOE sabe que pode perder o vindeiro 10 de novembro, porque non ten xestión que defender nin tampouco ningún compromiso que reivindicar, polo que o único que lle queda é dividir para vencer.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



