Mondoñedo, a 5 de novembro de 2019. Conseguir o embelecemento urbanístico da cidade é un dos grandes obxectivos do Concello de Mondoñedo, presidido por Elena Candia (PP). Unha das condicións necesarias para alcanzar tal obxectivo é que os edificios teñan as súas fachadas debidamente pintadas. Con esta finalidade, establécense subvencións para inmobles situados no territorio histórico do Camiño de Santiago ao seu paso por Mondoñedo, na Área de Rehabilitación do Casco Histórico e nos barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños.
A regulacións das citadas concesións faise segundo o bando da alcaldía que informa de que, o 31 de outubro, aprobouse en Pleno a segunda convocatoria das subvencións para os fins citados. A contía da subvención será do 40 % do custo das actuacións subvencionables, para pintura de inmobles con materiais tradicionais, incluídos dentro da Área de Rehabilitación. O importe máximo das axudas, en calquera dos casos, será de 5.000 euros.
Segundo o bando da alcaldía, a presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo. O prazo para tramitar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e estará aberto ata o 15 de novembro de 2019, ou esgotamento do crédito. A presentación de solicitudes deberase facer no modelo de solicitude do anexo das bases publicadas no BOP nº 189 de 19 de agosto de 2019.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



