Lugo, 13 de novembro, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular atende a petición dos veciños de Burela e pide á Deputación a mellora da seguridade viaria na LU-P-1502 que comunica esta localidade co núcleo cervense de San Román. Segundo destaca o vicevoceiro Javier Castiñeira “é urxente” que o presidente e delegado de Vías e Obras “dea a orde pertinente” para dotar a esta importante vía de comunicación de beirarrúas e unha rotonda nas inmediacións do cemiterio municipal co fin de favorecer a circulación e así evitar que se poida producir un atropelo.
E é que a inexistencia destas medidas provoca que os peóns teñan que circular pola beiravía; o que, “de toda lóxica”, explica Castiñeira, “supón un risco para a seguridade das moitas persoas que usan esta estrada incluso a pé para ir por exemplo ata o cemiterio”.
Pola súa banda, o voceiro do PP local, Manuel Rouco, quen, xunto co deputado provincial, comprobaron as deficiencias de dito acceso, agradece que “os meus compañeiros fagan esta petición, pois hai 10 meses que presentamos unha moción no Concello no mesmo senso, e que foi apoiada polos grupos da oposición, pero de momento nada sabemos nin tan sequera se a Deputación a vai facer”.
Por este motivo, tanto Castiñeira como Rouco agardan que o responsable provincial “non faga oídos xordos” desta demanda e, sobre todo, cumprind así coa responsabilidade que asumiu como delegado de Vías e Obras.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



