Viveiro, 17 de decembro, 2019. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro continua nestes días cunha morea de actividades e sorteos con miles de premios.
Para facilitar as compras no comercio local e que os clientes non teñan necesidade de desprazarse, os negocios abrirán os domingos 22 e 29 de decembro, e o domingo 5 de Xaneiro.
Dende o día 20 ata o 24, instálase na Praza Maior a “Casita de Papá Noel” en colaboración có Concello de Viveiro, onde dende as 17:30 ata as 20:30 da tarde os nenos poderán desfrutar de Papá Noel, sacarse fotos con el e levar un montón de caramelos. Un clásico no Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión.
O dia 20 de decembro a casita de Papá Noel converterase na casita solidaria, onde a Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en nome de tódolos seus negocios asociados, fará entrega a Cáritas e Dignidad Viveiro de carros de alimentos para as familias máis desfavorecidas.
O luns 23 de Decembro farase o “Nadal na Rúa” da man do Coro Tempus Fugit que encherá de música as rúas do Centro Histórico. Ó estilo do que se fai en moitos lugares europeos, nos que viven as panxoliñas en plena rúa, a agrupación percorrerá os lugares máis emblemáticos da cidade para ofrecer o seu repertorio de Nadal . Será a partir das 18:30 horas. Os enclaves para as actuacións irán dende a Avenida de Cervantes, á Praza da Fontenova, rúa Pastor Díaz e zoa da Praza de Lugo. Cada unha durará uns 20 minutos e está previsto que rematen sobre as 20:00 horas. Este ano, ó igual que o anterior, as actuacións serán moi participativas precisando da interacción do público.
E a partires do mércores 26, o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos pregunta xa, o reparto das papeletas para o sorteo de 3 soldos de 1.200€. Cas compras realizadas nos comercios asociados entregaranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2020 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e as papeletas iranse entregando ata ese mesmo día. Este sorteo vai xa pola 8ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.
Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca.























A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



