Viveiro, 4 de decembro de 2019. O Concello de Viveiro, a través da Oficina Municipal de Voluntariado, deu ao longo deste ano 2019 apoio e formación a 35 nenos e nenas e idade escolar e a oito inmigrantes adultos.
En concreto, a oficina desenvolveu no ano 2019 o programa ‘Servizo de Voluntariado Xuvenil’, enmarcado no proxecto ‘Apoio educativo e actividades de lecer a colectivos en situación de risco’, dirixido por técnicos de Servizos Sociais e no que participaron dúas voluntarias xuvenís así como outros voluntarios e voluntarias.
O proxecto contou cun importante compoñente de sensibilización, formativo e lúdico, xa que as actividades que se levaron a cabo estaban dirixidas á impartir apoio educativo e actividades de lecer, das que se beneficiaron trinta e cinco usuarios/as en idade escolar Tamén se ofreceu a acción formativa denominada ‘Alfabetización nas linguas oficiais’ a un grupo de oito inmigrantes adultos/as.
“Hoxe, 5 de decembro, celébrase o Día Internacional do Voluntariado e quero agradecer o esforzo e adicación da nosa Oficina Municipal de Voluntariado, unha gran axuda para detectar colectivos en risco de exclusión e darlles apoio desde o concello”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Para o desenvolvemento do programa deste ano, a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, e oficina municipal contaron cunha subvención da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta.
Tanto o Concello de Viveiro como a Xunta asumiron en 2019 un compromiso firme de impulso e fomento de accións orientadas á erradicación da violencia de xénero sobre a muller, no marco do Pacto de Estado en violencia de xénero.
Para cumprir este compromiso de sensibilización e prevención da violencia de xénero, Viveiro contou, ademais dos voluntarios, coa colaboración de técnicos da Asociación Mulleres en Igualdade de Burela (BUMEI), que teñen entre algúns dos seus obxectivos “realizar accións de prevención da violencia de xénero dirixidas á poboación en xeral, así como elaborar campañas socioeducativas baseadas na igualdade e no respecto intercultural dirixidas á mocidade e infancia”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



