Viveiro, 4 de decembro de 2019.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria programou para o vindeiro ano unha oferta formativa con 120 prazas para traballadores desempregados no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Viveiro.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Xunta investirá 190.000 euros en oito cursos que se irán poñendo en marcha nos vindeiros meses. O obxectivo é mellorar a empregabilidade dos participantes proporcionándolles novos coñecementos en especialidades con boas perspectivas de integración no mercado laboral.
Balseiro explicou que os participantes que superan os cursos acceden a un certificado de profesionalidade, que os habilita para exercer o oficio aprendido en todo o Estado. Os alumnos son seleccionados a través das oficinas de emprego, se ben os traballadores ocupados que estean interesados na materia poden optar ata a un 25% das prazas no caso de que non se cubriran en primeira instancia.
A consellería vén de seleccionar ás entidades que se encargarán de impartir as diferentes accións formativas. O primeiro curso en poñerse en marcha, en xaneiro, será o de “Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos”, que corre a cargo da Fundación Laboral da Construción; impartirán unha segunda edición a partir de abril.
Ao longo do ano ofertaranse tamén accións formativas relacionadas coa gravación e tratamento de datos e documentos, xestión contable e administrativa, operacións auxiliares de fabricación mecánica, mecanizado por arranque de labra, confección e publicación de páxinas web, montaxe e mantemento de instalacións caloríficas e atención sociosanitaria á persoas dependentes en institucións sociais






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



