Burela a 3 de decembro de 2019. Desde CIG-Saúde da Mariña levamos demandandando da Xerencia do Hospital da Mariña que mude a súa política de contratación, que deixe de fomentar a precariedade laboral e aposte por dar a maior estabilidade posible ás e aos profesionais da sanidade pública.
Debido á actual situación crítica de falta de persoal de enfermería nas listas de contratación na Mariña, for unha fuga de profesionais da enfermaría a outros territorios como Asturias, Euskadi etcetera en busca dun futuro laboral mellor, onde asinan contratos de maior duración que garanten estabilidade evitando así a precariedade laboral fomentada pola Dirección de Enfermaría do hospital mariñao (contratos por días, unha quincena ou como moito un mes), convocouse unha asemblea aberta e participativa para o persoal de enfermaría este martes no no centro hospitalario para debater, analizar as causas, e deseñar estratexias para mudar a situación.
O sindicato nacionalista galego lembra que nunha xuntanza coa Xerencia do Hospital da Mariña con data 22 de outubro de 2019, CIG Saúde A Mariña pide que a dirección de enfermaría faga unha reflexión e análise dos motivos do éxodo de profesionais principalmente de enfermaría e fisioterapia a outros territorios.
A Dirección de Enfermaría nega que o motivo sexa por motivos laborais e que se as/os profesionais marchan será por motivos personais.
PRECARIEDADE LABORAL.
A precariedade laboral, explican dende CIG Saúde A Mariña, é a situación en que viven as persoas traballadoras no Hospital da Mariña que, por razóns diversas, sofren procesos que conlevan inseguridade, incerteza, e falta de garantía nas condicións de traballo.
CONSECUENCIAS.
A pesar de ter traballo, as/os profesionais non pode cubrir as necesidades básicas.
O nivel de tensión dispárese. Nestas circunstancias ponse a proba a capacidade de resistencia psicolóxica da persoa implicada. Os expertos/as advirten do perigo de vivir sometido/a niveis elevados de tensións, pero, sobre todo, do perigo de que esta situación perdure no tempo.
“É evidente a relación que existe entre a tensión intensa e duradeira no tempo con problemas diversos de saúde, tanto físicos como mentais, tales como dificultades para durmir, irritabilidad, depresión, dermatite, problemas dixestivos, cardíacos, etc”, explican desde CIG Saúde A Mariña.
SOLUCIÓNS.
Para a central nacionalista para rematar coa precariedade laboral no SERGAS urxe tomar medidas, entre elas:
A defensa dos postos de traballo, a defensa dunhas contratacións dignas, a defensa dunha oferta de emprego co 100% das vacantes reais de todas as categorías.
Eliminación das taxas de reposición acordadas en Madrid polos sindicatos estatais, que impiden que se poida facer unha oferta de emprego público con todas as vacantes, é dicir, unha oferta de máis de 6.000 prazas no SERGAS e para todas as categorías.
A negociación dun plan de estabilidade no emprego de verdade, no que se transformen en prazas vacantes todas as prazas estruturais cubertas, desde fai anos, con contratos eventuais.
Unha nova orde de vínculos para que as persoas sexan contratadas pola causa que motivou o contrato, eliminando así que todo se contrate con acumulacións de tarefas.
Un sistema de identificación de prazas que nos permita saber en cada EOXI os cadros de persoal reais: fixos, interinos, substitutos…
DEBATE ABERTO E PARTICIPATIVO.
Nun debate vivo que comezou ás 14 horas e rematou ás 16,30 horas cun alto nivel de malestar, chegouse ás seguintes conclusións:
– Contratos en precario (por días ou quincenas)
– Falta estrutural de persoal, que provoca unha sobrecarga asistencial e impedindo garantir unha atención sanitaria de calidade.
– Falta de recoñecemento profesional das traballadoras e traballadores por parte da Dirección de Enfermaría, que en condicións precarias, día si e día tamén fan que o sistema se manteña en pé.
SOLUCIÓNS OU DIMISIÓN DA DIRECCIÓN DE ENFERMARÍA.
CIG Saúde pide que a Dirección de Enfermaría escoite e aporte solucións como máxima responsable da grave situación no distrito sanitario, que está a provocar fuga de profesionais de enfermaría a outros territorios e fomentando a precariedade laboral e condicións indignas de traballo entre o colectivo de enfermaría.
Desde la central nacionalista non descartan iniciar mobilizacións para reverter a situación actual e pedir o cese de Isabel Díaz Castro, Directora de Enfermaría do Hospital da Mariña.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



