A Mariña 10 de decembro de 2019. A paciente, que a maiores ten unha discapacidade intelectual e está representada por seu pai como titor legal, padece dunha diabetes con seguimento polo servizo de endocrinoloxía. O pasado 15 de abril de 2019 solicítanlle desde o servizo de endocrino unha cita aos 3 meses para control da súa diabetes, e danlle vez para o 16 de xullo de 2019. Esta cita foi anulada telefónicamente sen darlle unha data alternativa, “so nos dixeron que xa nos chamarían “- comenta seu pai e titor legal. Desde entón non volveu saber nada da devandita consulta , nen ninguén se puxo en contacto con eles.
A paciente precisa deste seguimento periódico da súa enfermidade, e xa meses atrás tivo que acudir ao PAC de Viveiro para recibir puntos de sutura nunha ferida producida por unha caida, a consecuencia dunha baixada de azucre. A paciente ( na voz do seu tutor legal) reclamou anteriormente en dúas ocasións, demandando ser vista polo servizo de endocrinoloxía . Como as súas demandas non eran atendidas, contactan coa Plataforma Sanitaria , que lles axuda a redactar de novo unha reclamación rexistrada o 11 de novembro de 2019 con número de entrada 4765.
A Xerencia deixou meses sen substituir a baixa do único endocrino que hai no hospital.
Desde o colectivo sanitario queremos denunciar que existen numerosos casos coma este na comarca , todos eles provocados pola desidia desta xerencia ,que se negou a substituir a baixa durante mesese do único especialista da área de endocrinoloxía que existe neste hospital, deixando a centos de pacientes da comarca abandonados á sua sorte. Esto só é un exemplo máis do que lle importamos as veciñas e veciños a esta xerencia, que prefire recortar en recursos humanos ainda que eso signifique deixar á poboación sen asistencia durante meses. “ Sabemos que hai moitas pacientes na mesma situación, coas consultas suspendidas e sen saber cando van ser vist@s polo profesional, o cal causa unha gran ansiedade nel@s e un enorme sentimento de desleixo.Esiximos a reparación desta agresión”- conclúen @a activistas sanitari@s.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



