Foz, 10 de decembro de 2019. Dúas alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, Belén Poveda e Carlota Cuevas, están realizando unha estancia formativa en Italia dende setembro.
A vicedirectora e profesora coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, Leticia Maseda, explica que “este ano é o primeiro que o IES de Foz dispón da modalidade de becas KA103, para ensino superior. Os alumnos poden ir a facer prácticas ao estranxeiro durante un mínimo de dous meses”.
Leticia Maseda engade que “as alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña Carlota Cuevas e Belén Poveda decidiron ir a Italia, onde están traballando con María Antonietta Santoro, coñecida cociñeira de Basilicata que vén de abrir un novo restaurante en Matera: Osteria Al Becco della Civetta. María Antonietta veu ao IES de Foz en 2018 a impartir formación a profesorado e alumnado e froito desta colaboración xurdiu unha relación de amizade que redunda en colaboracións de prácticas. As alumnas tiñan concedida unha beca para dous meses, pero debido á súa boa integración decidiron quedar seis meses máis pola súa conta”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



