Cervo, 26 de Dedembro de 2019. A terceira edición do Callo Fest encherá de música a vila de San Cibrao o venres, 27 de decembro.
O festival, que terá lugar nunha carpa instalada na Praza dos Campos e con entrada libre, foi presentado polo rexedor, Alfonso Villares, concelleiros, e por varios dos membros da Asociación Amigos Da Troula, organizadora do festival, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita vense celebrando o último venres do ano desde 2017 co fin de despedilo a ritmo de rock.
Os concertos comezarán ás 20:30 horas na carpa instalada na Praza dos Campos de San Cibrao e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos de balde para todos os alí presentes.
O cartaz este ano está formado por Blow, unha banda que destaca pola súa versatilidade, pois fai versións de diferentes estilos, e conta con unha potente voz feminina; o grupo mariñán Joni Ramos & Sunday Morning Club que tocará temas propios e versións a ritmo de funk; os vigueses Stoned at Pompeii cunha traxectoria internacional e en festivais de gran calado como o Resurrection Fest; e os Green Hot Peppers, un dos mellores tributos a Red Hot Chili Peppers na actualidade. Ao remate dos concertos Eventec poñerá os mellores éxitos de rock, rock alternativo e punk rock.
Como cada ano, ás 0:00h farase un ensaio das badaladas de fin de ano para darlle a benvida ao 2020. Un invitado sorpresa de luxo conducirá a todos os presentes a un novo ano cun chisco de antelación.
Os organizadores recordan que haberá un posto de comida na carpa no que se poderán comprar porcións de pizza durante o evento. En caso de querer pizzas enteiras poderán reservarse a través do número de teléfono 638.025.026.
Tal e como apuntou Villares “o Callo Fest é un evento que suma dinamismo á oferta de actividades do Concello durante todo o ano e trátase xa dunha cita consolidada na comarca”. Para nós –engadiu- tamén é motivo de satisfacción ver a tanta xente nova do noso municipio involucrada na organización deste festival que medra ano tras ano”.
O concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula convidan a veciños e visitantes a asistir ao festival o venres 27 de Decembro na Praza dos Campos de San Cibrao.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



