Cervo, 25 de decembro, 2019. A asociación de veciños Cruz da Venta de San Cibrao contará cun ciclo de charlas en distintos ámbitos de interese para os seus socios durante este Nadal. Miguel A. Fdez. foi o primeiro dos poñentes. Nado en San Ciprián e dobre Enxeñeiro Industrial e Químico, posee ampla experiencia neste ámbito en empresas de primeiro nivel, desempeñando na actualidade a posición de responsable técnico na multinacional do sector bancario máis importante do país.
A xornada adicouse a coñecer de primeira man os aspectos máis salientables e destacables no mantemento que requieren tanto as grandes edificacións como os edificios de vivendas, tanto a nivel operativo como de eficiencia enerxética.
Dende a asociación, o presidente, Marcos G. Villares quixo destacar o valor que se quere aportar con estas charlas, tanto nos contidos que son moi interesantes, así coma nos poñentes “é moi satisfactorio poder contar con xente da miña xeración, que teñen un amplo vagaxe curricular e que ademáis gocen dunha carreira profesional exitosa”. Tamén Miguel A. Fdez. quixo agradecer a oportunidade “é de agradecer a oportunidade de contribuir nestas charlas e aportar aos meus veciños experiencias e vivencias e poder compartir unha tarde de debate produtivo” tamén quixo salientar que “no periodo de incertidumbre industrial que atravesa a comarca, é importante acercar outras perspectivas e amosar outras posibilidades profesionais nas que desenvolverse en outros ámbitos. Nun momento de incertidume coma este é importante que os mozos e mozas podan valorar novas perspectivas laboráis”, e con estas últimas palabras, a dirección da asociación convidavos a próxima charla do Dr. en finanzas Jesús Barreal que falará das novas oportunidades e dos recursos de San Ciprián no futuro máis inmediato




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



