Viveiro, 5 de decembro de 2019. O Concello de Viveiro inaugura este xoves 5 de decembro o belén a tamaño real ‘Viveiro ante o Berce’, o mesmo día que acenderá o alumeado de Nadal.
O acto do belén, ás seis da tarde, contará coa actuación do coro infantil CEIP de Celeiro e haberá chocolate con churros de balde. Este nacemento está considerado un dos máis importantes de Galicia pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto e por instalarse nun enclave histórico-monumental, no atrio da Igrexa de Santa María.
“Chega o Nadal e este belén é un atractivo que atrae cada ano a un maior número de visitantes, sendo frecuente recibir chamadas de asociacións ou centros educativos de diferentes concellos con interese en coñecelo”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Con respecto ao alumeado, “vaise intentar distribuír a iluminación por todo o concello, dentro das posiblidades e intentando instalar algún elemento no maior número de puntos posibles”, informa a alcaldesa.
Dentro do casco histórico, o alumeado ampliase este ano ata a Praza da Fontenova e a rúa Teodoro de Quirós, que é a que sube ata o belén; fóra do casco, aumentarán tamén os puntos de luz e elementos decorativos.
Tanto o belén a tamaño natural, que poderá visitarse ata o 13 de xaneiro de 09.00 a 00.00 horas, como o alumeado de Nadal “son importantes dinamizadores para Viveiro dende un punto de vista económico e turístico“.
O Belén de Nadal de Viveiro está composto por 50 figuras a tamaño natural e 40 animais. Nel recréase con todo luxo de detalles o que podería ser a poboación onde naceu Xesús.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



