Lugo, 11 de decembro de 2019-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu ás deportistas lucenses Adiaratou Iglesias Forneiro e Catuxa Castro Sas que veñen de acadar grandes logros neste 2019 converténdose “en dúas mulleres galegas que son referentes para todo o mundo na súa especialidade deportiva”. Neste sentido, Lete Lasa destacou o “magnífico nivel do deporte feminino en Galicia” que demostran as dúas deportistas lucenses e, no caso de Adi Iglesias, “o excelente estado de saúde do deporte adaptado galego que cada día gaña máis presenza nos medios”. Na reunión, o responsable da carteira de Deportes falou coas dúas deportistas acerca dos seus plans para a vindeira tempada e das axudas e subvencións ás que poden optar para facilitar o seu camiño deportivo.
Por unha banda, Adi Iglesias vén de colleitar dous subcampionatos mundiais (100 e 200 metros lisos) no Campionato do Mundo de Paraatletismo celebrado en Dubai (Emiratos Árabes Unidos) acadando a terceira mellor marca do atletismo galego nos 100 metros e a mellor nos 200, ostentando o récord absoluto do noso atletismo nesta distancia, un fito, dixo o secretario xeral, “sen precedentes” xa que Adi conta cun 20% de visión e que pon en valor a súa capacidade de “superación, esforzo, sacrificio e traballo constante”.
Por outra banda, Catuxa Castro acadou en xullo a medalla de ouro no Campionato do Mundo Júnior de Hóckey Patíns en Liña coa Selección Española no marco dos World Roller Games de Barcelona nos que a delegación galega “colleitou grandes resultados con importantísimas vitorias e traendo para Galicia unha chea de medallas”. Esta competición, dixo o mandatario galego, “pon de manifesto o bo nivel do patinaxe galego que ademais conta cun futuro alentador grazas ao talento de grandes deportistas como Catuxa”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
