Barreiros, 18 de decembro, 2019. Despois do éxito da súa última produción, Enciclopedia Álvarez, da que xa se levan realizado máis de 30 representacións e que aínda sigue mantendo en cartel, o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros presenta unha proposta completamente novidosa e que supón un xiro de 180 graos a respecto da obra anterior.
Se na Enciclopedia o texto era a base fundamental na que se sustentaba a obra, neste caso, o texto é só un pretexto que lles permite aos actores e actrices do grupo explorar novas formas teatrais como o clown ou a comedia dell´arte e a partir de aí crear personaxes, que non son puramente clowns nin personaxes da comedia, pero que si teñen algo da súa impronta, aínda que acaben convertidos en personaxes do noso teatro popular
Manueliño atopa unha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos celos non atopa outra saída que non sexa o suicidio. Para iso subirase ao cimo dun freixo no que pretende colgarse. Pero aí empeza un incesante ir e vir de personaxes ao redor da árbore que intentarán facerlle desistir do seu empeño
A partir deste sinxelo fío argumental sucédese un desfile de personaxes atemporais no que se mesturan desde tipos dos máis comúns e característicos da nosa terra con arquetipos universais.
O Documento é sobre todo un xogo. E como en case todos os xogos o espazo e o tempo perden importancia. Os personaxes deambulan por unha fraga que non é unha fraga, nun tempo que non é o presente, nin tampouco o pasado… se cadra é o futuro… quen sabe!
O Documento é un xogo porque pretende que todos nos volvamos un pouco nenas e nenos e desfrutemos das cousas sinxelas, sen artificios. Un xogo que fai que volvamos rirnos do cura que se desmaia porque descobre que a súa “amada” está namorada doutro,… do capitán ao que non lle gusta o exército ou da notaria sabichona que non é capaz de traer un vaso de auga.
E todo isto nun escenario case baleiro que pretende simbolizar o estado no que están a quedar as nosas fragas. Porque: “Señoras e señores, isto é unha fraga; cousas do teatro”
As funcións terán lugar nos Colexios Vellos de San Miguel o venres 20 ás dez da noite, o sábado 21 ás oito e o domingo 22 ás seis da tarde. As entradas, que xa se poden adquirir contactando con algún dos membros da directiva de Ollomao ou dos integrantes do grupo de teatro, teñen un prezo de 4 €. A este respecto, desde a Directiva de Ollomao recordan que as entradas reservadas estarán a dispor de quen fixo a reserva ata media hora antes do inicio da función na billeteira do teatro, na que tamén se contará, como mínimo, co cupo establecido legalmente para a venda directa en taquilla. De non retiralas nese prazo, poranse á venda. Tamén indican que cada entrada só é válida para o día e hora que figura na mesma e que os menores pagan entrada sempre e cando ocupen asento.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



