A Mariña, 17 de decembro de 2019. Presidencia do Goberno ven de responder á carta enviada hai semanas polo presidente da FCAM, José Carlos Paleo, amosándolle o seu apoio e o do comercio mariñán a Alcoa. A misiva ven asinada polo Departamento de Comunicación con los Ciudadanos da Presidencia do Goberno do Estado.
A FCAM envioulle a Pedro Sánchez 5.000 cartas o pasado o 30 de outubro, dentro da campaña de apoio a Alcoa, posta en marcha pola propia Federación de Comercio A Mariña e distribuíu miles entre os seus asociados e asociadas para que as repartisen entre a súa clientela, para que a título individual tamén fosen remitidas ao presidente do Goberno. Foron centos de veciños e veciñas os que as recolleron no comercio mariñán, puxéronlles o remite, seláronas e mandáronas ao Palacio da Moncloa.
A principios de decembro varias persoas de Ribadeo e de Foz, entre outras localidades, comezaron a recibir nos seus domicilios a resposta da Presidencia do Goberno ás súas demandas, tal e como acaba de acontecer agora co presidente da FCAM, José Carlos Paleo. Nesa carta dise que “por lo que respecta a la empresa Alcoa y su planta de San Ciprián, cabe recordar que en los últimos años ha recibido una importante inversión a través de diversos mecanismos. Esto es clara muestra del compromiso del Gobierno con la mejora de la competitividad de las plantas industriales españolas, especialmente de Alcoa, y de los esfuerzos en la creación de un entorno estable y predecible para su mantenimiento en España”.
E engaden: “asimismo le indicamos que el Ministerio de Industria, Comercio y Turismo ha aprobado recientemente, entre otras medidas, más de 170 millones de euros destinados a la compensación de costes indirectos de CO2 para las empresas en las que, como Alcoa, el precio de la energía tiene un componente fundamental en su estructura de costes”.
A carta remata: “agradeciéndole su confianza, así como la amable invitación que dirige al Jefe del Ejecutivo para visitar su comarca, le hacemos llegar un cordial saludo”.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, manifestou: “agradecemos a resposta, e esperamos con impaciencia que se tome a decisión que garantice o presente e futuro da fábrica”.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



