Lugo, 21 de xaneiro de 2020.-A delegación territorial da Xunta en Lugo acolleu onte unha xornada informativa na que se trasladou ás entidades deportivas da provincia (clubs, sociedades anónimas e seccións deportivas) as principais liñas de apoio promovidas pola Secretaría Xeral para o Deporte.
O encontro estivo centrado especialmente nas subvencións de máis recente convocatoria como é o caso das axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas, e tamén, nas que está previsto convocar de xeito inminente como é o caso da liña de equipamentos.
As explicacións correron a cargo do xefe provincial do servizo de Deportes, Manuel Otero Cadramón, nun acto presidido polo delegado da Xunta José Manuel Balseiro.
Subvencións á actividade deportiva
A primeira das convocatorias, xa en prazo de solicitude, tramitouse como de concorrencia non competitiva e ten por obxecto facilitar a actividade deportiva dos clubs galegos así como a súa xestión económica
Terá un importe total de 1.960.000 euros para o conxunto da comunidade, aumentando un 2,08% con respecto a 2018. O importe máximo por entidade beneficiaria será de 29.990 euros e o prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de febreiro.
Os gastos subvencionados corresponderán ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro do mesmo ano, debendo terse efectuado e pagado nese período. Serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial (licenzas, inscricións competicións, arbitraxes, adestradores, transporte e aloxamento a competicións, aluguer instalacións adestramento ou competicións, material non inventariable -balóns, roupa…-, produtos básicos de botiquín).
Como novidade cómpre salientar que dentro dos criterios a valorar puntuarase o desenvolvemento de actuacións en prol da igualdade efectiva de homes e mulleres no deporte, así como contra a violencia machista. Ademais, a adhesión ao manifesto pola igualdade pasará a ser obrigatoria.
Equipamentos deportivos
Tamén esta prevista a convocatoria inminente, para o ano 2020, das subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos.
Deste xeito a Xunta apoia os esforzos que as entidades fan a fin de contribuír na modernización e actualización de todo tipo de material deportivo necesario para o adecuado exercicio das distintas actividade incluído, de ser o caso, vehículos habilitados para o transporte deste material e das e dos deportistas.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
