Viveiro, maio de 1988. As persoas que daquela facíamos parte da xunta directiva da Agrupación Cultural Sementeira decidimos levar adiante unha campaña reivindicando a incorporación ao patrimonio público do Teatro Pastor Díaz que, nesa altura, viña funcionando maiormente como sala de cine, era propiedade particular de catro empresarios viveirenses e atopábase á venda.
O manifesto que redactou o presidente de Sementeira, Hernán Naval Parapar, “Salvemos o Teatro Pastor Díaz !” recollía a “intención colectiva de nos opór por todos os meios na man a que tan fermosísima e valiosa sala sofra xamais a metamorfose do cemento, da uralita e das fiestras de aluminio, e propomos desde xa, como alternativa, a súa adquisición pública por parte da administración autonómica, a súa inmediata recuperación no indispensábel e a xerencia polo concello viveirés dun local destinado a ser sala de respresentacións drámáticas, auditorium, cinematógrafo, verdadeiro centro de cultura”.
Agosto de 1988: unha representación da xunta directiva de Sementeira desprázase a Compostela para entregar en San Caetano as máis de 600 sinaturas de apoio ao manifesto e se entrevistar co daquela Conselleiro de Cultura Alfredo Conde coa finalidade de requerir a colaboración da Xunta na compra do Teatro.
Tamén neste mesmo mes mantivemos unha reunión co edil delegado de Cultura do Concello, Xosé Manuel Ferreiro Fernández, ao que lle informamos da disponibilidade da Consellaría de Cultura para colaborar económicamente na merca do Teatro e instamos ao boberno municipal a concretar os pasos legais desta xestión.
Outubro de 1988: segunda reunión con Alfredo Conde Cid para ultimar detalles na participación da Xunta na merca do Teatro.
Novembro de 1988: a Xunta de Galiza notifica ao Concello que dispón dunha subvención de 15 millóns de pesetas para a compra do Teatro. Neste mesmo mes Sementeira envía un novo escrito á Corporación Municipal solicitando que concreten nunha sesión plenaria a compra do Teatro e urxan á Deputación de Lugo e ao Ministerio de Cultura para que aproben as subvencións pertinentes que, coa aportación do Concello viveirés, sumarían os 30 millóns de pesetas que pedían os donos do edificio.
No ano seguinte a Agrupación seguiu adiante coas súas iniciativas organizando no teatro un espectáculo poético musical, e editando a publicación “Abril no Pastor Díaz”, entre outras actividades.
Até aquí un breve resume do que foi esta campaña da Agrupación Cultural Sementeira durante o ano 1988. Remato lembrando ás persoas que nesa altura compoñían a xunta directiva da Agrupación: Hernán Naval Parapar ( Presidente), Xosé Manuel Cociña Regal ( Viceprersidente ), César Naval Parapar ( Secretario ), Antonia Soto Paz ( Tesoureira), Xulia Canoura Díaz, Balbina López Santos, Ana Vérz López, Xosé Luis Mourelos Regueiro, Xosé Ramón Escourido Basanta e o que isto asina. (Vogais).
Escribo este artigo ao fío da celebración do centenario do Teatro Pastor Díaz. Ben está o acto conmemorativo e a exposición sobre a súa historia, mais teño para mín que se hoxe fose posíbel xuntármonos as que naquel ano 88 facíamos parte da xunta directiva de Sementeira habíamos estar dacordo en principiar unha nova campaña reclamando melloras técnicas que sen dúbida precisa esta sala e tamén unha intervención urxente : botarlle canto antes unha man ao noso teatro e salvalo—desta volta—das humidades que hoxe ameazan o teito e as súas paredes.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



