Burela, 20 de xaneiro de 2020. Este martes terá lugar no Concello de Burela o pleno de organización ás oito da tarde. Unha dedicación exclusiva (a do alcalde) e 3 parciais polo mesmo importe total que as dúas do pasado mandato. Esa é unha das propostas que se debaterá na sesión plenaria, así como a frecuencia coa que se celebrarán os plenos ou a representación nos diferentes órganos colexiados. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que o obxectivo é poñerse a traballar canto antes.
O rexedor contou que “mañá temos o que se denomina pleno organizativo, que é fundamental sempre para comezar os mandatos. Levamos un retraso considerable, desde o mes de xuño, porque estivemos en funcións. E agora imos darlle contido e sentido a todo o que corresponde ao seguinte mandato, este que comezamos xa”.
Llano dixo que “o pleno organizativo é unha ferramenta fundamental porque se marcan perfectamente por quen están compostos os órganos colexiados, a xunta de goberno local, ás áreas que leva cada persoa, a frecuencia con que se van convocar os plenos e todo o que é importante para o funcionamento do Concello. Tamén vai o referido ás dedicacións, no cal propoñemos que, co mesmo gasto que no anterior mandato, unha dedicación exclusiva para o alcalde máis tres parciais, que serían para tres concelleiros (Ramiro Fernández, José Díaz e Carmela López). Facemos isto porque despois de levar tanto tempo en funcións é necesario traballar duro para poñer ao día ao Concello; e realmente esta xente que ten empregos fóra debe vir ao Concello a traballar e polo tanto faille falta dedicación parcial, como mínimo, para poñerse ao cargo das responsabilidades que corresponden”.
O alcalde explicou que “vanse tratar as comisións informativas que haberá, a xunta de goberno local, quen representa ao Concello nos diferentes órganos colexiados, … É unha ferramenta fundamental para poñernos a andar”.
Alfredo Llano engadiu que “desde logo estamos pensando xa no primeiro pleno ordinario que temos que convocar, por unha serie de asuntos importantes para o funcionamento do Concello, para o día 6 de febreiro, como máis tarde. Entón imos ver se mañá saímos dunha forma consensuada e facilitando a labor do equipo de goberno cara a este mandato. Así iríamos todos moito mellor e máis motivados para afrontar os retos que ten este Concello, que non son poucos, cara a este mandato”.
Ramiro Fernández Rey seguirá a levar as Concellerías de Obras, Deportes e Turismo; José Díaz continuará á fronte de Cultura, Educación e Sanidade; Carmela López levará Políticas Sociais e Mar; Toñi Eijo será a responsable de Medio Ambiente, Escolas Infantís e Festexos; Noelia Mª Ben levará Cooperación, Inmigración e Terceira Idade; e o alcalde estará á fronte de Urbanismo, Protección Civil, Policía Local e Persoal.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



