Foz, 8 de xaneiro de 2020. Dende este mércores e ata principios do mes de febreiro pode visitarse na basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) a exposición conmemorativa dos 800 anos do comezo do pontificado do Bispo Don Martín I (1219-1248) na catedral de Mondoñedo, mostra que de modo itinerante estase a expoñer na diocese mindoniense. Tralo seu paso pola propia catedral de Mondoñedo, Ferrol e Bretoña, achegase ó lugar que veu o nacemento da sede, alá polo ano 867 e na que estivo o primeiro terzo do século XII. Para inaugurar esta exposición a basílica recibiu este mediodía a visita do alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e dos concelleiros de Turismo e de Cultura, José María Linares e Héctor Moris.
Francisco Cajoto destaca “a importancia de San Martiño de Mondoñedo dentro desta exposición, xa que é o primeiro asentamento da diocese a súa orixe, onde bispos da relevancia de San Rosendo viviron e impulsaron a sede a ser o que é na actualidade, deixando no noso pobo un dos maiores legados histórico artísticos do arte románico galego, que é a basílica, a nosa catedral”.
Esta mostra está exposta dentro da antiga catedral da sede, accedendo a ela polo Centro de Interpretación que se sitúa á cabeceira do templo, de mércores a domingo en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Dentro dos actos conmemorativos destes 800 anos da catedral de Mondoñedo tamén haberá en Foz varias conferencias. A primeira será este venres, día 10, ás 20:00 horas e será impartida por Ramón Yzquierdo Perrín, licenciado en Filosofía e Letras, doutorado e catedrático de Historia do arte na Universidade da Coruña. Durante a charla falará sobre As catedrais medievais de Mondoñedo: arquitectura e escultura. O alcalde focense anima a visitantes e veciños a asistir a “unha charla non só dun gran historiador do noso templo senón tamén un conferenciante agradable e ameno que paga a pena escoitar”. E o día 24 deste mes a veciña de Ribadeo Celia Castro Fernández exporá a Iconografía dos capiteis da catedral de Mondoñedo.





















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



