Mondoñedo, 15 de xaneiro do 2020. O voceiro do BNG no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas, pídelle á alcaldesa que non maree máis a perdiz e convoque canto antes a mesa se traballo á que se comprometeu o pasado mes de novembro para analizar o Proxecto de Reforma da Praza da Catedral.
O edil nacionalista pide axilidade para que a veciñanza e colectivos interesados saiban con tempo suficiente os pormenores do proxecto e poidan estudalo para logo, se é o caso, formular alegacións ou propoñer cambios a un documento, que segundo indica, está nun estado de tramitación moi avanzado, “o proxecto de reforma da praza conta con informe favorable da Comisión de Patrimonio e só lle falta a resolución definitiva do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para que este poida ser financiado a cargo da partida do 1,5% cultural para a conservación do patrimonio arquitectónico”.
-“A alcaldesa puxo o carro diante dos bois”-
O voceiro do BNG considera que se a alcaldesa tivera vontade de sacar o proxecto a exposición pública para consultalo coa veciñanza, este xa debera ser exposto formalmente unha vez redactado e non agora cando ten os informes sectoriais favorables para poder executar as obras de reforma da praza.
“A alcaldesa puxo o carro diante dos bois, e antes de envialo ao Ministerio primeiro habería que expoñelo ao público para presentar unha proposta o máis consensuada por todos”.
Eloi apunta que hai un acordo plenario promovido polo BNG no mes de novembro para que o proxecto sexa posto a exposición pública, acordo que a alcaldesa emendou coa proposta de crear unha mesa de traballo aberta ao público para analizar o proxecto e estudar as modificacións propostas na praza, “incluso ese día se fixara unha data de celebración da reunión para o pasado 7 de decembro que non se chegou a realizar e da que non soubemos nada máis”.
Ante esta tardanza e logo das declaracións vertidas en prensa fai uns días na que a alcaldesa Elena Candia declaraba que estaba buscando ideas para reformar a Praza da Catedral, Eloi Cabanas pensa que todo se está convertendo nun “paripé” por que o proxecto xa foi redactado e enviado no mes agosto do 2019 ao goberno do Estado para buscar a financiación.
“Esperemos que non se estea agardando polo compromiso firme de financiación do Ministerio para empregalo despois na mesa de traballo como un elemento máis de convicción e non deixemos pasar a oportunidade de facer a reforma da praza unha vez que teñamos partida económica asegurada”.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



