Lourenzá, 21 de xaneiro de 2020. O equipo de goberno municipal de Lourenzá afirma que os populares volven á vella política da bronca e as descualificacións. Resposta así ás críticas sobre a modificación da delimitación do núcleo rural de O Bordón e tamén manifesta que “ten graza que o PP de Lourenzá se dedique a dar leccións de política urbanística despois dos coñecidos casos que deixaron en herdanza da súa etapa como goberno”.
O goberno local engade: “volven os populares laurentinos a facer o mesmo tipo de política que empregaba a voceira anterior e que tan bos resultados lles deu: a da mentira para descualificar ao equipo de goberno actual e mesmo ao outro grupo da oposición, o nacionalista”.
Ademais os gobernantes municipais aclaran que “a solicitude de modificación da delimitación do núcleo rural de O Bordón presentouna un particular, cos informes técnicos favorables correspondentes, e non o equipo de goberno, como dan a entender os populares. Este expediente xa aparecía na orde do día do pleno ordinario do mes de novembro e deixouse sobre a mesa, a petición dos grupos da oposición, para que fose analizado pola xunta de voceiros. Esta xunta reuniuse cos interesados, onde lles expuxeron os motivos da súa solicitude. Volve presentarse a solicitude no pleno ordinario do mes de xaneiro onde o voceiro popular le un escrito cun argumentario que parecía saído da mesma autoría que os que se facían na anterior corporación. Di o voceiro popular no comunicado de prensa que non queren que se derrube a construción que, polo visto, está afectada por un expediente da APLU. Que solución aportan os populares? Hai algunha outra forma posible? Din os populares que esas modificacións deben facerse antes. Recordarlles que esta obra foi solicitada cando aínda gobernaban eles. De todos os xeitos agardamos que o PP laurentino estea xa traballando nas alegacións que poden presentar antes da aprobación definitiva, que lle corresponde á Dirección Xeral de Urbanismo. De non facelo serían uns irresponsables e quedaría demostrado que o único que lles interesa é embarrar a política municipal”.
O equipo de goberno de Lourenzá manifesta tamén que “neste último pleno aprobouse, cos votos favorables dos grupos socialista e nacionalista e o voto en contra dos populares, unha moción presentada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña para a mellora dos servizos da área sanitaria da Mariña. Queda demostrado con esta votación o pouco que lles preocupa o benestar dos seus veciños e veciñas. Alegaron para non aprobalo algo tan pouco crible como que non tiñan tempo para estudalo. Non sería que non se atrevían a aprobalo sen o consentimento da man que mece o berce, que non estaba presente ese día?




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



