Foz, 27 Xaneiro de 2020. Os Concelleiros do Partido Popular o pasado 25 de xaneiro apreciamos na prensa como un responsable da empresa Aloumiños da que é copropietaria a Concelleira Veronica Acela Peña denuncia a través de unha rolda de prensa que O Concello de Foz non actúa ante o que consideran un caso de competencia desleal da residencia pública de anciáns recentemente aberta, e en particular o máis grave a pasividade do Sr Alcalde que denuncian fai caso omiso deste conflito.
Temos que recordar que a residencia de anciáns foi construída grazas as xestións do pasado goberno Popular e cedida ao Concello de Foz para garantir a transición de usuarios e traballadores do asilo mediante un convenio de cesión de 2 anos co Consorcio galego de benestar e titular das instalacións coa posibilidade de ser prorrogado outros 2 anos e que foi renovado pouco antes do inicio da actividade da residencia polo mesmo período ,polo que é o goberno municipal o máximo responsable da xestión, control e supervisión do cumprimento do prego de condicións e do contrato de xestión coa actual concesionaria.
Chama poderosamente a atención que sexa unha empresa participada pola actual concelleira socialista e titular das áreas de muller, igualdade e inmigración a que denuncie á residencia pública e acuse ao seu compañeiro de corporación e Alcalde ao Sr Cajoto de “pasividade” no que parece un claro conflito de intereses persoais de membros do goberno.
Parécenos moi preocupante a mala imaxe que se está dando por parte do goberno e especialmente o daño que se está facendo a unha institución como é a residencia de anciáns que polo que coñece o Partido Popular e coincidente coas palabras do propio Alcalde está funcionando de forma correcta sen ter queixa ningunha dos usuarios por mala xestión.
Debido a esta crise creada por intereses persoais de membros do goberno como é a Sra Peña e a mala xestión do conflito pola concelleira de servizos sociais e familia e polo propio alcalde solicitamos se ACORDE:
PRIMEIRO: INSTAR ao goberno municipal a aclarar si está incumprindo o contrato por parte da concesionaria da residencia ou se polo contrario estamos ante un conflito de interese de membros do goberno.
SEGUNDO: INSTAR ao goberno municipal a que se cese de presionar e danar a imaxe da institución por parte de membros do goberno e en todo caso reprobar a actitude da concelleira Verónica Acela Peña por non saber separar os intereses persoais da súa empresa cos adquiridos pola súa condición de Concelleira da Corporación.
TERCEIRO: INSTAR ao goberno municipal a convocar inmediatamente a comisión de seguimento da residencia para xestionar esta crise en base a informes técnicos do asistente social ou areas competentes.
CUARTO: INSTAR ao goberno municipal faga unha declaración institucional en apoio ao servizo municipal público que se da na Residencia e Centro de día de Foz.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



