
entrega de una vivienda en barreiros de la conselleira de medio rural
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2019. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, recordou esta mañá que a Xunta de Galicia vén de convocar no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas ao Bono de alugueiro social, unha subvención que se pode solicitar ata finais de ano.
Ángeles Vázquez recordou esta mañá esta convocatoria durante a entrega dunha vivenda de promoción pública a unha familia de Foz, que perdeu a súa residencia nun incendio rexistrado a finais de ano. Ante esta situación, a Xunta trasladou aos afectados as posibilidades para facilitarlles un novo fogar: acceder a unha vivenda de promoción pública (opción aceptada) ou solicitar unha axuda dentro do programa Bono de Alugueiro Social, que consiste nunha axuda mensual destinada ao pago do alugueiro por importe de 225, 200 ou 175 euros, contía que varía en función de se a vivenda se sitúa nunha das sete grandes cidades galegas, nunha vila ou nun concellos de tipo rural. O importe mensual da axuda equivale, en todo caso, ao 50 por cento do prezo máximo que poderá ter a vivenda alugada.
Asemade, ademais da axuda mensual do Bono de Alugueiro Social, os beneficiarios tamén teñen dereito a unha achega única inicial de 600 euros, destinada a pagar os gastos de constitución do contrato de alugueiro ou dos contratos de subministros básicos para a vivenda (luz, auga, etc).
Explicou que este programa é unha oportunidade para dar unha resposta e solución a aquelas persoas ou familias que se ven afectadas por un incidente impredecible, como por exemplo o incendio da vivenda, e tamén para axudar a colectivos sociais con dificultades, como os mozos que estiveran tutelados pola Xunta, unha vez saian do réxime de tutela -unha das novidades da convocatoria actual- ou persoas privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais.
A conselleira de Medio Ambiente destacou que ao longo do trimestre se convocarán todas as axudas en materia de vivenda, tanto para a adquisición, alugueiro como rehabilitación; máis de dez liñas de incentivos que permiten mobilizar un orzamento de máis de 34 millóns de euros, e que supón un incremento dun 11% con respecto á de 2019.
Salientou que ata o momento, xa se teñen convocado as axudas para a adquisición de vivendas por parte de menores de 35 anos tanto en cascos históricos como en concellos de menos de 5.000 habitantes, as axudas de préstamos á rehabilitación, e a liña de fomento do alugueiro e para o alugueiro por persoas maiores ou discapacitados, unha liña dirixida especificamente para os promotores de vivenda. Nos vindeiros meses, convocaranse as restantes liñas, como as ordes de apoio á rehabilitación de vivendas, entre as que destacan ás Áreas de Rehabilitación Integral, o Programa de infravivenda, ou o Programa de vivendas de mestres.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



