Lugo, 07 de febreiro de 2020.- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado do director xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel e do xefe de servizo de deportes en Lugo, Manuel Otero Cadramón, mantivo un encontro de traballo cos deportistas galegos de alto nivel de Lugo e da súa área de influencia, no que comunicou aos asistentes as novidades das que se poderán beneficiar neste 2020 así como as vantaxes que incluirá o novo Decreto de deporte de alto nivel.
Na xuntanza mantida no edificio da Delegación territorial, informouse que no momento actual, despois da última resolución do 14 de outubro de 2019, Galicia conta con 437 deportistas de alto nivel (176 mulleres e 261 homes), dos cales 12 son deportistas con discapacidade, o número máis alto da serie histórica e que representa o pulo que a Xunta de Galicia está a facer polo deporte inclusivo. Todos eles representan a 44 modalidades deportivas.
No tocante ás axudas, os deportistas galegos de alto nivel recibiron neste 2019 un total de 410.000 euros, o que representa un 16% máis que o importe final resolto de 2018 e a contía máis elevada desde 2011. Ademais, tamén percibiron outros 181.000 euros grazas aos contratos de patrocinio asinados coa Secretaría Xeral da Igualdade para que deportistas de elite galegos clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020 participen en campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero. En total, desde o ano 2008, os deportistas galegos de alto nivel recibiron uns 4,4 millóns de euros (4.347.820 euros) no que respecta ás axudas da Fundación Deporte Galego.
Precisamente, con respecto aos Xogos deste verán haberá unha nova liña de axudas ‘Destino Toquio’ para os deportistas clasificados para os Xogos e que será posta en marcha no vindeiro mes de abril.
Paralelamente a actividade ordinaria da Fundación Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte continua traballando no novo Decreto que verá a luz nos vindeiros meses e ten como obxectivo a regulación do deporte de alto nivel de Galicia de xeito que os deportistas, adestradores e árbitros galegos que adquiran este recoñecemento se vexan beneficiados por novas vantaxes no eido educativo, laboral ou económico, entre outros.
Ademais, nese Decreto desenvolverase a Oficina de Atención ao Deportista que será a encargada de prestar os servizos de información, orientación e acompañamento nos trámites que poidan necesitar os deportistas.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
