Mondoñedo, 4 de febreiro 2020. Elena Candia non incluíu na orde do día a moción presentada polo BNG tres semanas antes da celebración do pleno na que se pedía a retirada da medalla de ouro da cidade a Francisco Franco Baamonde e xustificou a non inclusión da iniciativa como un dos puntos a tratar porque estaban investigando a exactitude das afirmacións do BNG expresadas na moción.
Eloi Cabanas, voceiro do BNG no concello, volveu a presentar a moción por vía de urxencia manifestando, que se a alcaldesa ten dúbidas do que afirma o BNG que vaia ás actas de pleno do 30 de abril do ano 1949 e do 21 xaneiro do 1958 onde primeiro se acorda por unanimidade da corporación a concesión da primeira Medalla de Ouro da cidade a Francisco Franco Baamonde e logo nove anos despois ratifícase o mantemento da distinción outorgada nun regulamento de Honores e Distincións a probado polo pleno do concello.
A urxencia foi denegada, segundo o goberno popular, aínda non tiñan claro que Franco recibira a distinción e anunciaron que no caso de confirmarse que o galardón fora efectivamente concedido, a alcaldesa presentaría máis adiante unha proposta de acordo ao pleno para a retirada da medalla de ouro ao ditador.
O edil do BNG tamén apuntou que unha semana antes da celebración do pleno presentou na secretaría do concello una copia dunha portada de prensa da época onde se informaba que o alcalde de Mondoñedo o 16 se setembro do 1958 fixera entrega da Medalla de Ouro da cidade ao Xefe do Estado no Pazo de Meirás, “ a corporación de Mondoñedo foi a que lle concedeu os honores a Franco e é a corporación actual a que llos debe retirar”.
O BNG sorpréndese que con todos estes datos a alcaldesa non teña aínda claro a veracidade dos feitos, “pedímoslle ao goberno que non adíe máis no tempo este xesto de normalidade democrática e que nos desfagamos canto antes desta sombra do pasado”.
-PECHE DO CEMITERIO VELLO-
O pasado venres tampouco saíu a diante a moción do BNG para pechar pola noite o cemiterio vello. Cabanas manifestou que se o concello quere seguir promocionando o camposanto como atractivo cultural e turístico o goberno debe tomar canto antes medidas oportunas para a súa conservación, “a experiencia demostra que desde o ano 2005, cando remataron as obras de reforma, telo aberto en todo momento non garante para nada a súa protección”.
Para os populares, segundo informa o voceiro nacionalista, pechar pola noite o cemiterio desvirtúa o concepto de parque no que foi transformado o espazo fai quince anos e entenden que poñerlle de novo as portas, “non é a liña de traballo a seguir para protexer o patrimonio” e ven outro tipo de medidas para corrixir as conductas incívicas no interior do lugar como son a instalación de cámaras de seguridade ou campañas de concienciación, solucións que o BNG considera que poden ser medidas complementarias pero nunca definitivas.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



