Viveiro, 17 de febreiro, 2020. A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro, pon en marcha estes días a campaña de Entroido facendo especial fincapé, por segundo ano consecutivo, no Xoves de Comadres.
Preténdese relanzar ese día como inicio do Entroido e animar a tódalas comadres a pasar unha noite divertida. A convocatoria do ano pasado tivo moito éxito, polo que este ano incorpóranse máis iniciativas para que se animen moitas mais comadres a pasar unha noite de troula.
Para empezar, como é xoves non nos esquecemos da cita ineludible do Juepeo… nesta ocasión Juepeo especial Comadres cunhas super tapas para animar a todo o mundo (comadres e compadres) a comezar o Entroido en Viveiro.
E para amenizar a noite, irán percorrendo os locais os grupos de Cantos de Taberna “Espera que vou mexar” e “Os do 21” poñendo a nota musical a este inicio de entroido.
Serán catro locais de hostalaría os que ofrecerán menús especiais de Entroido a un prezo de 23€, un importe moi económico para animar ás comadres á troula. Son Casa Pepi, Bar Normandy, Asador A Quinta e Muro Restaurante. As reservas poden facerse xa e para os grupos que reserven cea nalgún dos locais participantes haberá moitas sorpresas.
Pero a festa non acaba aí, e despois das ceas teremos un Drag Show da man de Muna Duval que realizará o seu espectáculo nos locais de copas La Biblioteca (de 12:30 a 1:30), Sugar Rock (de 1:30 a 2:30) e Pub Kopas (de 2:30 a 3:30). A diversión na noite de comadres está garantizada.. só hai que traer o bó humor da casa, que de liala parda xa nos encargamos nós.
Dende a Asociación animamos a hoteleiros e comerciantes a que se disfracen e decoren os seus locais para dar máis alegría e diversión a estas datas. E a tódolos nosos clientes a que desfruten de Viveiro nestas datas, porque como di a canción “Se te queres divertir non tes mais que vir ó entroido a Viveiro”.























Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



