Burela, 10 de febreiro, 2020. “É unha singularidade do noso idioma e tamén unha forte mostra de identidade o poñer nome a ligares e cousas que facían os nosos devanceiros, esta situación é moito máis significativa nas contornas litorais e ribeiras do noso País. Case cada pedra e cada singularidade xeolóxica teñen un nome propio. Era o sistema utilizado para dar indicacións de pesca ou mesmo de acontecementos e tamén para delimitar propiedades.
Esta riqueza da lingua estase a perder co pasamento das persoas maiores de cada lugar e pensamos que corresponde aos poderes públicos preservar esta singularidade para que non se perda tan importante patrimonio inmaterial.
Pode ser o concello con pouca inversión quen garanta a continuidade da tradición, xerando tamén un atractivo turístico, se cabe máis singular en Burela pola riqueza xeolóxica que supón desfrutar de dous tipos distintos de Costa, singularidade que ben seguro tamén recolle a toponimia. Polo que temos a ben:
PEDIR, á Concellaría de Mar do Concello de Burela
A creación dunha comisión de traballo con xente coñecedora dos topónimos do litoral de Burela, para recoller os nomes propios e identificar os lugares.
Que, se publique en formato libro a recompilación dos nomes e se edite un mapa.
Que se elabore unha Audio-guía explicativa para os turistas e visitantes.
Que se promocione entre os escolares do concello o material didáctico para preservar a toponimia do litoral.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



